InicioMovementos SociaisFolga nas escolas infantís da Mariña para esixir á Xunta que reconsidere...

Folga nas escolas infantís da Mariña para esixir á Xunta que reconsidere a oferta pública de emprego

Os traballadores de centros como Burela, Foz, O Valadouro e Mondoñedo reclaman que no proceso de selección se poña en valor o tempo traballado, "nalgúns casos de máis de dez anos"

Publicada o

- Advertisement -

O persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) nas escolas infantís da Mariña, ente pertencente á Xunta de Galicia, iniciou a pasada semana, cunha folga de 24 horas, actos reivindicativos que en diante continuarán cada xoves, de 8.00 a 11.00 horas e de forma indefinida, a fin de paralizar a Oferta Pública de Emprego (OPE) convocada polo Goberno autonómico.

As Escolas Infantís da Mariña (E.I de Burela, E.I Burela Os Castros, E.I de Foz, E.I O Valadouro, E.I Alfoz, E.I Mondoñedo) secundaron esta folga indefinida o día 18 cun alto porcentaxe de participación, e cun amplo apoio por parte das familias.

A folga vén provocada “pola situación contractual de Fraude de Lei ( según dicta a Directiva Europea 1999/70/CE) na que se atopan tódolos traballadores dende hai moitos anos, e que a Administración autonómica pretende arranxar cunha oferta de emprego público de concorrencia libre, na que os traballadores do CGSIB se atopan nunha clara desvantaxe e se senten víctimas dunha situación que non provocaron”, expoñen os convocantes.

Os Castros, en Burela. AXM

“Con esta folga indefinida, os centros pertencentes ao CGSIB pretenden paralizar a OPE, e que as negociacións do proceso vaian enfocadas en poñer en valor o tempo traballado e desempeñado por estes traballadores, en moitos casos máis de dez anos, nuns servizos tan básicos e necesarios como son os que se desenvolven nestes centros de educación infantil”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...