Actos en Viveiro e Xove súmanse á axenda de Galegas 8-M na Mariña Lucense para o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
En Viveiro, os actos comezarán ás 17.30 horas nos Xardíns Noriega Varela. Realizarase unha concentración na que cada persoa terá unha marca de colocación no chan na que se levará a cabo a lectura do manifesto de Galegas 8-M. Ademais, farase entrega dun pequeno dossier con recomendacións feministas en distintas plataformas, libros, canles de YouTube, Podcasts ou series. Como peche, despregarase unha faixa na ponte.
En Xove, a cita é ás 16.30 horas, no centro cívico. Haberá concentración, lectura do manifesto e reparto do dossier, cumprindo rigorosamente coa distancia de seguridade, uso obligatorio de máscara e todas as medidas hixiénico-sanitarias. O colectivo lembra o lema desta edición: ‘Sen coidados non hai vida‘.