InicioMovementos SociaisUn paciente agarda por un estudo urodinámico desde marzo

Un paciente agarda por un estudo urodinámico desde marzo

Despois de que se incumprira un prazo de tres meses, o doente presentou unha reclamación e o Sergas aínda non lle deu cita

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denuncia o caso dun paciente que agarda desde marzo por un estudo urodinámico.

O colectivo sinala que o doente padeceu un accidente no 2014, a raíz do cal sofreu unha imposibilidade parcial para ouriñar, que lle obriga constantemente a ir ao lavabo, pois non pode baleirar a vexiga.

Dada esta dificultade e as molestias que provoca, o servizo de uroloxía seguiu ao doente desde 2016 e no pasado mes de marzo solicitóuselle un estudo, a realizar como moi tarde en tres meses.

RECLAMACIÓN

Logo de que se esgotara o prazo sen novidades, o paciente realizou unha reclamación o pasado 4 de setembro, con número de entrada 3144.

RESPOSTA

Segundo denuncia a plataforma, o doente recibiu unha carta da Xerencia da Xestión Integrada, con saída do 2 de outubro e número 28095, no que se lle informou “que ten que seguir agardando indefinidamente”.

“INCUMPREN A LEI”

O colectivo resalta que ten constancia de “numerosos casos semellantes” e afirma que o Sergas “volve a incumprir a lei de garantías sanitarias”.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...