O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza para o mes de xuño a actividade
MULLERES NO MUNDO. Dereitos sexuais e reprodutivos. “Trátase da proxección de tres documentais que achegan á cidadanía mariñá a realidade vital de mulleres moi diversas e interpelan a participar activamente nun debate que trascende fronteiras, crenzas e clases sociais nun momento no que os dereitos das mulleres ense ameazados en diversas partes do mundo”, segundo apunta o observatorio.
Despois dunha breve presentación e contextualización do documental procederase á súa visualización. A continuación, realizarase un coloquio e reflexión sobre diferentes aspectos abordados en cada documental. O primeiro documental será “QUE SEA LEY” (2019), que aborda as protestas convocadas por Marea Verde, movemento que impulsou a milleiros de mulleres a saír ás rúas e esixir a despenalización do aborto en Arxentina. O documental puntualiza o vínculo ineludible entre o político e o persoal. Foi premiado no 67º Festival de Cine de San Sebastián.
O día 18 é a quenda para “EN DEUDA CON TODAS”. No ano 2018 a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social e a Asemblea de Cooperación pola Paz realizaron este documental no que nos expoñen as vivencias das mulleres a ambos lados do cárcere así como de diferentes activistas salvadoreñas implicadas na despenalización do aborto no país centroamericano. Haberá presenza de integranes da ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ.
O ciclo rematará o día 25 con “WOMANHOOD”, unha viaxe emocional na que Beryl Magoko, a directora deste documental, comparte as súas sensacións máis íntimas, profundas e silenciadas con outras mulleres vítimas da Mutilación Xenital feminina.
Todas as proxecciós terán lugar na Casa de Cultura Manuel María en Foz ás 20:30 horas. O ciclo conta coa colaboración de Radio Foz e Delegación de Cultura do Concello de Foz.