InicioMovementos SociaisO Observatorio cita a empresarias e activistas para falar de feminismo e...

O Observatorio cita a empresarias e activistas para falar de feminismo e desenvolvemento sustentable

A mesa redonda, o venres en Ribadeo, pechará o ciclo 'Activismos contra o patriarcado'

Publicada o

- Advertisement -

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade (OMI) organiza este venres en Ribadeo unha mesa redonda na que participarán catro mulleres que dirixen proxectos que se basean nos principios do feminismo e o desenvolvemento sustentable.

Adela Figueroa, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) será unha das participantes no coloquio.

O acto contará coa presenza de Dora Cabaleiro, da Cooperativa Ribeira do Navia, con raíces en Negueira de Muñiz.

Tamén intervirá Elena Ferro, heredeira da tradición zoqueira que reivindica Eferro, da Coruña.

Finalmente, tamén participará na mesa redonda Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e participante na Axenda Feminista 2017 do OMI.

HORARIO

O acto, que incluirá os catro relatorios e un posterior coloquio de participación aberta, comezará ás 20.30 horas na casa das letras.

ACTIVIDADES

O acto pechará o ciclo ‘Activismos fronte ao patriarcado‘, que incluíu charlas como a da filósofa Ana de Miguel, as xornadas de mulleres e deporte celebradas en Lugo ou un obradoiro de empoderamento erótico que se desenvolveu en Burela.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...