- Advertisement -
A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou tres mobilizacións na comarca da Mariña, en defensa do sistema público de pensións, pola recuperación de dereitos e para reivindicar emprego e salarios dignos.
As protestas terán lugar o martes, ás 20.00 horas, en tres lugares: a Praza da Mariña de Burela, a Praza do Concello de Viveiro e diante do consistorio de Ribadeo.