A CIG convoca tres mobilizacións polas pensións

As concentracións serán mañá, a partir das oito da tarde, en Viveiro, Burela e Ribadeo

Cartel da convocatoria. ARQUIVO XORNAL DA MARIÑA

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou tres mobilizacións na comarca da Mariña, en defensa do sistema público de pensións, pola recuperación de dereitos e para reivindicar emprego e salarios dignos.

As protestas terán lugar o martes, ás 20.00 horas, en tres lugares: a Praza da Mariña de Burela, a Praza do Concello de Viveiro e diante do consistorio de Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here