IniciosociedadeMaría José Novoa: "A OMS sinala que unha de cada sete persoas...

María José Novoa: “A OMS sinala que unha de cada sete persoas novas de entre dez e dezanove anos teñen problemas de saúde mental”

A Asociación Saúde Mental A Mariña presentou o proxecto “Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental”. Foi en Burela nun acto ao que asistiu moita xente nova dos IES e onde se falou das altas cifras de mozos e mozas con doenzas mentais. Falamos con María José Novoa, directora técnica da asociación, para debullar o contido do proxecto e cal é a incidencia das enfermidades mentais entre a poboación nova.

Publicada o

- Advertisement -

-Cales son os grandes puntos que definen este novo proxecto sobre saúde mental?

O proxecto “Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental” e ten o apoio de Iniciativa social da Fundación La Caixa. Esta iniciativa ten dous obxectivos, a primeira é a mentalización e sensibilización. En mentalización traballaremos con persoas xa diagnosticadas con enfermidade mental e coas súas familias. Isto farase en grupos diversos como psicoeducación, grupos de autoaxuda entre familias porque hóuboas que xa viviron esta situación antes de aí a importancia do apoio entre as familias. Con mentalización o que buscamos é lograr unha maior autonomía e responsabilidade das persoas con enfermidade mental e as súas familias, tanto no coidado da saúde mental para que poida desenvolver un proxecto vital exitoso en todos os ámbitos. Logo, sensibilización está orientada a traballar cos alumnos e profesores de centros de educacion infantil, primaria e nos institutos de Cervo, Burela e Foz. Quixemos facer un proxecto máis amplo, non obstante, a dispersión xeográfica en dezaseis concellos de toda a comarca, era inviable. Por iso comezamos a actuar nestes tres concellos e logo iremos ampliando. O traballo diríxese a normalizar a enfermidade mental e fomentar o seu coidado. Tamén está loitar contra o estigma, eliminalo xunto cos prexuízos do que son as enfermidades mentais.

-Eses prexuízos como se manifestan e como se poden evitar?

Maniféstanse mediante o bulling e o acoso e despois está o suicidio. Son moitas realidades que se ocultan socialmente e non se ven. Para traballar isto, irán dúas psicólogas especializadas a dar charlas nos colexios e institutos. Ademais, representaremos unha obra de teatro que se titula “Teatro contra el bulling: Yo soy único”. Nesa obra, os nosos usuarios son os actores e as escenas son de bulling nun colexio, para que as persoas poidan identifiquen aquilo que non debe facerse, contra o que se debe loitar, pois no futuro poden predecir no futuro a aparición dunha enfermidade mental ou sufrir acoso. Levaremos ademais o noso libro “A super: Acción de Mauricio” creado polos usuarios da nosa entidade. Todo isto irá acompañado polo contacontos Lucas Requejo que ao mesmo tempo acompañará os nosos usuarios, para sensibilizar e visibilizar o noso colectivo en varios centros.

O traballo diríxese a normalizar a enfermidade mental e fomentar o seu coidado

-Cales foron as motivacións detrás de “Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental”?

A OMS sinala que unha de cada sete persoas novas de entre dez e dezanove anos teñen problemas de saúde mental. Os transtornos mentais disparáronse un 47% nos menores de idade. A metade dos casos presentan síntomas antes dos catorce anos e tres cuartos deles comezan antes dos vinte e catro. A propia OMS sinala que os problemas de saúde mental serán a principal causa de discapacidade en 2030. Por iso incidín na presentación que falamos dun problema de todos, non só dunha persoa. Debo dicir que no acto de presentación había moitos nenos e nenas de institutos porque estaban de folga a favor da saúde mental e pola educación pública. Por iso, alumnado do IES Monte Castelo creo que traballarán sobre isto nas aulas.

-A suba de case o 50% de doenzas mentais en xente nova que causas pode ter?

Poden ser varios puntos, son moitos os factores e que se poden previr. Debemos traballar na prevención do acoso ou a prevención do consumo. Moitas veces desenvólvense certas enfermedades mentais por consumir substancias psicoactivas provocadoras dunha adicción. Iso finalmente repercute na saúde mental. Logo estivo o feito de encerrarse durante a pandemia, non poder estar cos amigos xusto na adolescencia, pois todo iso suma. Somos unha sociedade moi pechada, case está mal visto dicir que vas ao psicólogo. Ninguén di pola rúa: “aí vai un griposo”, mais si din: “aí vai un esquizofrénico”.

Tamén está loitar contra o estigma, eliminalo xunto cos prexuízos do que son as enfermidades mentais

-Dentro da Mariña o problema do estigma segue sendo moi pronunciado?

O estigma está aí, si. En parte, grazas á pandemia, está máis presente o coidado da saúde mental. Vese como afecta a tanta xente que as persoas ábrense a falar diso. Por iso nós cremos na visibilización dun colectivo positivo, con moitas ansias e saltando obstáculos todos os días, deberíanselles valorar moitas capacidades. Un dos nosos usuarios que é pintor, Xolo, ten unha exposición en Viveiro e xa vendeu cadros. Todos os artistas que temos aquí levarán traballos ao Festival de Brión. Debemos darlles o lugar que ocupan na sociedade, porque finalmente a sociedade somos todos.

-Cal é a mellor fórmula para a prevención da enfermidade mental?

Hai estudos sinalando que unha de cada cen persoas pode padecer esquizofrenia, isto quere dicir que algunhas enfermidades non se poderán previr. A depresión representa entre nenos e nenas de catorce anos ou menos, un 40% das enfermidades de saúde mental dentro dese colectivo. Todo isto perturba a súa perspectiva de futuro. Os nenos deben xogar, estar con outros e a solución pode partir do que poida aportar cada un de nós.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...