InicioMovementos SociaisRecollida de sinaturas en Viveiro para a defensa do servizo de pediatría...

Recollida de sinaturas en Viveiro para a defensa do servizo de pediatría no seu Centro de Saúde

O centro de saúde dispón en principio de dúas prazas de Pediatría, pero a día de hoxe non hai ningún especialista no centro e a cita máis próxima para a atención dos máis cativos ten como data o 2 de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro da un paso máis na súa reivindicación de melloras no servizo de Pediatría do municipio. Desde hoxe habilita unha mesa informativa na que se recollerán sinaturas para reclamar solucións a unha situación que pon en risco un servizo básico e esencial.

Os afectados poderán cubrir nestas mesas informativas os formularios de reclamación ao Sergas, poñendo así en evidencia a necesidade de que se cubran os postos de pediatra indispensables para dar cobertura aos 1.600 nenos e nenas dos concellos de Viveiro, Ourol e Vicedo.

O centro de saúde dispón en principio de dúas prazas de Pediatría, pero a día de hoxe non hai ningún especialista no centro e a cita máis próxima para a atención dos máis cativos ten como data o 2 de decembro.

Nin sequera os médicos de familia do centro poden atender esta necesidade, porque tamén é un servizo sobrecargado no que só catro doutores están cubrindo ás citas dos sete médicos asignados.

O Concello de Viveiro sumouse este domingo á masiva concentración convocada pola plataforma “Salvemos a Sanidade Pública”, unha convocatoria na que participou a alcaldesa, María Loureiro, e o grupo de goberno local.

Foi seguida por centos de veciñas e veciñas, que chamaron a atención deste xeito sobre unha situación que se arrastra dende hai tempo.

A falta de pediatras e dunha atención sanitaria digna en Viveiro atenta contras os principio básicos da sanidade pública, como son a equidade e a gratuidade.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...