InicioMovementos SociaisA Asociación Saúde Mental A Mariña celebrou un encontro dentro do Concurso...

A Asociación Saúde Mental A Mariña celebrou un encontro dentro do Concurso Fotográfico Imaxina 2022

O encontro foi organizado pola Fundación Imdecum cos artistas mariñáns Xolo e David Catá, compartiron coñecementos con estudantes da ESO, ESA, Bacharelato e FP, así coma a usuarios que formen parte de asociacións de axuda a persoas con diversidade funcional da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Esta pasada fin de semana, na Asociación Saúde Mental A Mariña, con motivo do 11 Festival Imaxiña 2022, organizado pola Fundación Imdecum, os artistas mariñáns Xolo e David Catá mantiveron un encontro no que compartiron coñecementos e falaron sobre as súas experiencias tanto vitais coma do ámbito laboral e artístico. Este encontro formou parte do plan de actividades do Concurso Fotográfico Imaxiña 2022, orientado a estudantes da ESO, ESA, Bacharelato e FP, así coma a usuarios que formen parte de asociacións de axuda a persoas con diversidade funcional da Mariña, como son a Fundación Eu Son, Asociación Saúde Mental A Mariña, Asociación Camiña e ASPANANE.

Os centros de ensino que participan son IES Monte Castelo (Burela), IES Perdouro (Burela), IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), IES Marqués de Sargadelos (San Cibrao), IES Vilar Ponte (Viveiro), IES María Sarmiento (Viveiro), IES Illa de Sarón (Xove), IES Alfoz-O Valadouro e IES de Foz. O prazo de presentación das imaxes remata o día 30 de decembro e pódense presentar un máximo de 3 fotografías.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...