A empresa convoca ao comité de Alcoa Cervo a unha nova reunión en León o vindeiro luns

O comité tamén apunta que se reunirá coa Xunta o mércores 11 de xaneiro, co ánimo de trasladar ao presidente galego as súas "inquietudes e reclamacións"

Factoría de Alcoa / GC

Alcoa convocou ao comité de empresa da fábrica de Cervo (Lugo) a unha nova reunión en León o vindeiro luns, día 2 de xaneiro, ás 10,30 horas. Segundo informa o comité, o obxectivo desta cita será “continuar coa negociación e recibir de Alcoa a resposta á última proposta” que trasladaron os representantes dos traballadores.

Estas conversacións refírense a a modificación do acordo que supuxo a paralización da actividade na planta co compromiso de rearranque en 2024. Por outra banda, o comité tamén apunta que se reunirá coa Xunta o mércores 11 de xaneiro, co ánimo de trasladar ao presidente galego as súas “inquietudes e reclamacións” e facer “un seguimento máis en detalle” da situación das ‘PPA’ –os acordos de compravenda de enerxía–.

A continuación, para o luns 16 de xaneiro, está prevista a décimo primeira reunión de seguimento do acordo, convocada polo Ministerio de Industria, ás 12,00 horas en Madrid.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here