InicioEconomíaAlcoa e comité de San Cibrao retoman este martes o diálogo

Alcoa e comité de San Cibrao retoman este martes o diálogo

No último encontro as partes estaban "aínda moi lonxe" de chegar a acordo

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao, no municipio de Cervo, e a empresa reuniranse este martes, 24 de xaneiro, en León –a partir de mediodía– para retomar o diálogo. En concreto, será a quinta reunión para continuar coa modificación do acordo polo cal se pararon as cubas da planta de aluminio, que se reactivarán a partir de 2024, mentres se realizan diferentes investimentos na fábrica da Mariña.

Tras o último encontro da pasada semana, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, sinalou que as partes estaban “aínda moi lonxe” de chegar a acordo, xa que botan en falta maiores garantías para o emprego das plantas de aluminio e alúmina.

Paralelamente, hai 1.100 megawatts correspondentes a 11 proxectos eólicos para esta factoría que dependen do Goberno central, mentres unha vintena de proxectos eólicos dependen da Xunta –con prazo para a tramitación ambiental que finaliza este martes–.

A pasada semana, Alcoa –o maior produtor estadounidense de aluminio– informou de que rexistrou perdas de 102 millóns de dólares (94 millóns de euros) ao peche de 2022, en contraste co beneficio de 429 millóns de dólares (397 millóns de euros) do ano precedente como consecuencia do impacto duns maiores custos, así como de elementos fiscais e relacionados coa reestruturación.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...