IniciosociedadeO condutor do accidente de Xove en que morreron catro novos dá...

O condutor do accidente de Xove en que morreron catro novos dá positivo nas probas de alcol

Tamén procedeu a investigar ao outro ocupante sobrevivente por se cometeu un delito de omisión do deber de socorro

Publicada o

- Advertisement -

O condutor do vehículo sinistrado en Xove, no que faleceron catro novos e outro resultou ferido, deu positivo en consumo nas probas de alcoholemia practicadas. A semana pasada, o Xulgado de instrución número 2 de Viveiro, en funcións de garda, abriu dilixencias de sobre o sinistro e autorizou a remisión de mostras de sangue a un laboratorio.

Segundo informou este mércores a Garda Civil, que practica as primeiras pescudas do accidente para a súa remisión ao xulgado, tamén procedeu a investigar ao outro ocupante sobrevivente (un dos dous que levaba o cinto de seguridade posto) por se cometeu un delito de omisión do deber de socorro, “ao ausentarse do lugar do sinistro sen socorrer aos outros ocupantes do vehículo nin demandar auxilio”.

O accidente produciuse o 1 de abril no quilómetro 1.100 da LUP-2604. O condutor resultou ferido de gravidade, polo que foi ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Lucus Augusti, mentres que o outro sobrevivente, de 18 anos, foi dado de alta ás poucas horas de ser atendido.

O delito investigado a este mozo atópase tipificado no artigo 195 do vixente Código Penal e pode carrexar unha pena de multa de tres a doce meses. Por outra banda, segundo informou a mesma fonte, os investigadores xa dispoñen dos resultados das análises oficiais das probas toxicolóxicas que se realizaron ao condutor do vehículo, que deron un resultado positivo en consumo de alcol.

O accidente produciuse nunha curva pronunciada na Rigueira, nas proximidades da urbanización Palmeiro, en Xove, e foi localizado por un veciño ás 9,40 horas do sábado, pero estímase que ocorreu varias horas antes. No asfalto non quedaron sinais de freada do vehículo.

DILIXENCIAS

O xulgado número 2 de Viveiro só practicou como dilixencia, ata o momento que transcendese, a petición de análise de sangue do condutor no laboratorio e indicou que estaba á espera da evolución do ferido grave (que segue na UCI), posto que actualmente non se lle pode tomar declaración.

Os mozos, de entre 17 e 19 anos, foron enterrados o luns 3 de abril. Este martes, co regreso ás aulas tras as vacacións de Semana Santa, tivo lugar un acto de homenaxe aos falecidos e establecéronse os protocolos, incluídos equipos de sicólogos, para acompañar aos compañeiros das vítimas mortais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...