IniciosociedadeA Deputación de Lugo destina 5.000 euros á reforma do local da...

A Deputación de Lugo destina 5.000 euros á reforma do local da asociación veciñal de San Román do Val

Permitirá á asociación veciñal adquirir material para a realización de diferentes actividades

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo achega 5.000 euros para a reforma da sede da asociación veciñal de San Román do Val, situada no Vicedo. O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou co presidente da Asociación de Veciños de San Román do Val do Vicedo, Rubén Rábade, dous convenios de colaboración para ampliar a capacidade do local social co que conta o colectivo, así como o seu equipamento e as actividades que organiza.

En concreto, a contribución da Deputación permitirá á asociación veciñal adquirir material para a realización de diferentes actividades no exterior do local social, ampliando o aforamento do mesmo mediante a compra dunha carpa e mobiliario exterior, como bancos e mesas.

Desde a entidade, aseguran que estas melloras posibilitarán que a parroquia conte con diversas actividades culturais, como representacións teatrais ou a proxección de películas. Tamén se adquirirá un xerador de electricidade e dous computadores que servirán tanto para a formación dos veciños, como para reducir a fenda dixital en persoas maiores.

Ademais, estes acordos inclúen dous talleres de artesanía: un curso monográfico de coiro e outro de resina polimérica. Estas formacións realizaranse ao longo dun fin de semana entre os meses de setembro e decembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...