Morris pregoará a Romaxe Viquinga do Vicedo

O actor galego, que interpreta a Charlín en 'Fariña', abrirá unha festa que será o 27 e 28 de xullo

Morris, interpretando a 'Charlín', nunha escena de 'Fariña'. EUROPA PRESS

O veterano actor galego Antonio Durán ‘Morris’ pregoará a Romaxe Viquinga do Vicedo, que se impulsa o Concello e que se celebrará os días 27 e 28 de xullo, venres e sábado.

Intérprete con experiencia en cine (‘Los lunes al sol‘, ‘A esmorga‘) e teatro, Morris encarna a Charlín na exitosa serie ‘Fariña‘, baseada no libro sobre o narcotráfico de Nacho Carretero.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here