IniciosociedadeCervo contará coa primeira pista experimental para drones ubicada ao pé do...

Cervo contará coa primeira pista experimental para drones ubicada ao pé do mar en Galicia

O Concello promete a instalación, que custará máis de 40.000 euros, para o mes que vén

Publicada o

- Advertisement -

O municipio de Cervo contará cunha pista experimental de aterraxe e despegue de drones “no mes de abril“, segundo expuxo o goberno local. 

As obras, que contarán cun investimento superior aos 40.000 euros, comezaron no polígono de Cuíña e rematarán o vindeiro mes. 

O alcalde cervense, o popular Alfonso Villares, visitou o lugar onde se están a desenvolver as actuacións con técnicos municipais e de profesionais da industria do aeromodelismo.

O rexedor asegurou que “a nova infraestrutura, froito dun contacto constante que vimos mantendo con empresas e técnicos do sector, permitirá situar a Cervo á cabeza en Galicia deste tipo de voos non tripulados, xa que é a primeira pista destas características a carón do mar, que permitirá nun futuro próximo facer probas e utilizar drones para transporte”.

Villares precisou que o Concello “cre e aposta por este innovador proxecto desde o primeiro momento porque ve nel unha gran oportunidade de futuro para o noso municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...