Un traballador de Alcoa A Coruña foi detido este xoves na manifestación convocada polos comités de empresa das fábricas coruñesa e de Avilés diante do Congreso dos Deputados, á que se suman uns 150 obreiros de San Cibrao.
Os empregados da multinacional concéntranse desde as 11.00 da mañá deste venres na carreira de San Xerónimo madrileña, a fin de esixir á ministra de Industria, Reyes Maroto, que ofreza unha solución para as plantas da Grela e San Balandrán, en proceso de peche, e para a factoría de aluminio de Cervo, que a empresa ve “en risco” trala publicación dun estatuto da industria electrointensiva que a dirección ve “insuficiente”.
Á ultradereita portas abertas e ás traballadoras de #ALCOA o goberno envía á Policía a mallar nelas.
As compas .@AntonGomezReino, @Pam_Angela_ e @Yolanda_Diaz_ de @EnComun_Gal saben de que lado estar, coa xente que loita polo seu presente e futuro. pic.twitter.com/VT9A2AZZJk
— Rubén Pérez (@ruben_prz) March 28, 2019
“REPRESIÓN”
CC OO, CSIF e UXT de San Cibrao convocaron ao persoal a participar na concentración. Fontes sindicais lamentan “a represión” das cargas policiais e confirman que hai varios feridos leves, ningún de Cervo.
Varios deputados de Unidos Podemos e En Marea, como Antón Gómez Reino ou Yolanda Díaz, denunciaron ante os medios que padeceran golpes por parte das forzas de seguridade do Estado.
Incidentes en la manifestación de trabajadores de Alcoa a las puertas del Congreso. Agresiones a los diputados @AntonGomezReino y @Pam_Angela_ pic.twitter.com/YLmaBtr7Rj
— David Fernández Vila (@dafevila) March 28, 2019
COMPENSACIÓNS POR CO2
O Consello de Ministros autorizará este venres a convocatoria de concesión das subvencións dispostas no real decreto 1055/2014, polo que se crea un mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro correspondentes ao exercicio 2018.
En concreto, a contía máxima das axudas que poderán outorgarse en virtude da convocatoria -mediante o procedemento ordinario de concesión en réxime de concorrencia competitiva- será de 91 millóns de euros, imputables aos custos de emisións indirectas incorridos no ano 2018. Segundo fontes de Industria, esta cifra é un 16,5% maior que a da última convocatoria. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.