A Ruta de Pinchos do Vicedo vivirá esta fin de semana a súa segunda quenda, coa participación de cinco establecementos de hostalería. Este venres e tamén o sábado, os clientes poderán degustar as especialidades culinarias de cada local desde as 20.00 ás 23.00 horas.
Nesta segunda rolda, Café-Bar San Esteban ofrecerá ‘Codillo con cebola caramelizada‘. A Cafetería Galatea, ‘Roliños de porco‘. La Bodeguita del Puerto, ‘Especial de La Bodeguita‘. Merendero Los Árboles (Xilloi) preparará ‘Secreto de Los Árboles‘. Por último, Mesón O Remo cociñará ‘Guau bao‘.
SORTEO DUN XAMÓN
O prezo de cada tapa é de dous euros, e os clientes que voten os mellores petiscos poderán participar no sorteo dun xamón.