O realizador de Cervo Xaime Miranda levou o premio do público ao mellor videoclip na sección oficial do Festival Primavera do Cine de Vigo. Obtivo o recoñecemento pola peza audiovisual ‘De bruma e salitre‘, feita para o grupo musical Mileth.
Miranda contou con Iago Vilariño como director de fotografía, así como coa colaboración de veciñanza da Mariña Lucense para dar vida aos personaxes do videoclip que, como é habitual nos seus proxectos, foi rodado integramente na bisbarra.
Barreiros, Mondoñedo, Burela, Cervo e O Valadouro foron as localizacións onde se rodaron as escenas. Un dos membros do grupo, precisamente, é valadourense.
SEGUNDO GALARDÓN
É o segundo galardón que recibe Miranda este é o segundo galardón que recibe no mencionado festival. Na edición de 2018 tamén gañara o premio ao mellor videoclip por ‘Inferis‘, un traballo do director para a banda viguesa Basanta.