Os traballadores de Noguera Xove farán folga indefinida desde o luns

O cadro de persoal aprobou o paro por unanimidade despois de que a empresa non aceptase a súa petición de equiparar o salario aos doutras contratistas do mantemento en Alcoa

Noguera Xove. AXM

Os traballadores de Noguera Xove anunciaron este sábado que a partir do luns, 20 de maio, farán folga indefinida.

O cadro de persoal da auxiliar de Alcoa aprobou o paro por unanimidade, despois de que os obreiros e a dirección non chegaran a un acordo nas súas negociacións.

Os empregados piden achegar o salario aos das outras empresas contratistas do mantemento da planta de alúmina de San Cibrao.

CONCENTRACIÓNS DIARIAS

Así, desde o vindeiro luns, os traballadores realizarán concentracións diarias ás portas da fábrica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here