InicioEconomíaOs obreiros da industria electrointensiva piden un "pacto de Estado" para a...

Os obreiros da industria electrointensiva piden un “pacto de Estado” para a súa continuidade

Participan na protesta os comités de Alcoa A Coruña e San Cibrao, Ferroatlántica Sabón e Cee-Dumbría-CCHH e de Celsa Atlántic

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Medio milleiro de traballadores da industria electrointensiva en Galicia voltaron este luns a manifestarse en Santiago de Compostela para reclamar a aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo e a consecución dunha tarifa eléctrica que ofreza prezos competitivos e garanta a súa continuidade.

Os obreiros reclamaron “un pacto de Estado” e medidas “a curto prazo” para garantir un prezo “competitivo para a enerxía”, unha demanda que trasladaron á Xunta de Galicia.

“Se non hai un mecanismo regulatorio a curto prazo, quen máis quen menos ten os días contados”, advertiu o presidente do comité de empresa da planta de Alcoa na Coruña, Juan Carlos Corbacho, tras reunirse co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. A fábrica coruñesa, ao igual cá da multinacional en Avilés, está en proceso de peche e pendente de atopar comprador antes do 30 de xuño.

“Queremos protestar polo elevado custo da enerxía e, como entendemos que se trata dun problema político, imos reclamar aos representantes das forzas políticas unha equiparación con outros países da nosa contorna”, explicou o presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, Xosé Paleo, ao inicio da manifestación.

“POR RIBA DE PARTIDISMOS”

“Viñemos pedir altura de miras e a lembrar que isto está por riba de partidismos e de se isto depende dun Goberno ou doutro; necesitamos que se busque de forma conxunta unha saída para a nosa industria, non podemos permitir que desapareza”, argumentou.

“SE SAN CIBRAO PECHA, PASARÍAN XERACIÓNS ATA QUE SE POIDESE RECUPERAR”, AFIRMA O PRESIDENTE DO COMITÉ DE EMPRESA

Neste sentido, Paleo engadiu que “se as multinacionais se marchan e deslocalizan a produción”, estas industrias “tan potentes” non se poderán montar “dun día para outro sen investimento público; no caso de San Cibrao, se a planta pechase pasarían xeracións ata que se poidese recuperar“.

A marcha comezou arredor das 11.00 horas, cando os traballadores das factorías de Alcoa en Cervo e A Coruña, de Celsa Atlántica e das plantas en Ferroatlántica en Sabón e Cee-Dumbría comezaron o seu percorrido cara o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano.

A XUNTA AFEA AO GOBERNO “CÁLCULOS ELECTORAIS”

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, asegurou que o Goberno central “leva semanas facendo cálculos electorais” coa situación dos traballadores, polo que “xa é hora de pasar aos feitos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...