InicioPolíticaEleccións municipais: Llano nega que vaia "marchar ao Senado" tralas críticas de...

Eleccións municipais: Llano nega que vaia “marchar ao Senado” tralas críticas de PP e CxG

Repaso polas propostas dos diferentes partidos na campaña das eleccións municipais

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela e candidato do PSdeG-PSOE, Alfredo Llano, desmentiu este luns que vaia marchar para o Senado, tal e como prognosticaron Compromiso por Galicia (CxG) ou o Partido Popular (PP). “Eu preséntome ás eleccións municipais co único propósito de seguir sendo rexedor e estar os catro anos que corresponda, é así e non hai outra”, expuxo.

Estase rumoreando por aí desde hai días que eu vou marchar para o Senado. Estou, como fan moitos partidos cando configuran as listas, como reserva, eu non me presentei directamente para nada”, afirmou Llano.

O alcaldable socialista lembrou que “para que se saiba, o cargo de senador é compatible coa alcaldía”. En todo caso, o candidato do PSOE burelao recordou que “antes fun deputado provincial, pero tampouco quixen combinar as responsabilidades no Concello e na Deputación”. Así, sostivo que “Burela, pola súa demanda, necesita un alcalde as 24 horas do día, polo tanto non creo que haxa máis posibilidades. A miña intención é clara”, concluíu.

PP DE CERVO

O PP de Cervo presentou o seu vídeo para a campaña das vindeiras eleccións municipais.

FOZ PLATAFORMA DE FUTURO

A creación dunha liña verde municipal, xestionar a adquisición do antigo Baile de Benito, en Vilaronte, e a creación dun Museo do Mar e das súas xentes son algúns dos puntos fortes do programa de Foz Plataforma Futuro.

A candidatura do partido independente, que encabeza Luis Alfonso Sixto, asegurá que habilitará unha plataforma cunha serie de servizos para mellorar a resolución de incidencias na vía pública e fomentar a comunicación cos veciños e a concienciación e información ambiental. A app gratuíta permitiría á veciñanza informar dos desperfectos ou resolver dúbidas.

os independentes de foz queren mercar o antigo baile de benito e usalo para actos culturais e lúdicos

Os independentes queren adquirir o antigo Baile de Benito para utilizalo como sede de actos culturais e lúdicos. Finalmente, o Museo do Mar de Foz servirá para “lembrar de onde vimos”.

PSOE DE FOZ

O PSOE de Foz, cuxa candidatura lidera Fran Cajoto, comprométese a revisar a política fiscal que se aplica desde o concello para favorecer o impulso da actividade empresarial e a contribución xusta dos cidadáns. Así, asegura que baixará o Imposto de Bens Inmobles (IBI) ao longo do próximo mandato, “sen que iso supoña poñer en perigo a estabilidade orzamentaria nin xerar niveis de débeda”.

os socialistas focegos comprometen unha baixada do ibi no vindeiro mandato

Os socialistas focegos propoñen aplicar bonificacións de ata o 95% para as explotacións agrícolas e gandeiras do Concello, ás familias numerosas e a inmobles propiedade de asociacións veciñais nos que se desenvolvan actividades culturais, son outras das propostas dos socialistas focegos en materia fiscal.

Tamén reducirán, afirma Cajoto, “o tipo das plusvalías, un imposto que se empezou a cobrar coa chegada ao goberno municipal do PP, que grava o incremento de valor que experimentan os terreos de natureza urbá, aplicando bonificacións para as vivendas habituais que se reciban en herdanza por descendentes, ascendentes e cónxuxes”.

BNG DE XOVE

O BNG de Xove lembra que o pasado 30 de outubro defendeu no pleno provincial unha moción para baixar o IVE da electricidade do 21% ao 4%, e para a consecución dunha tarifa eléctrica galega, a fin de que Galicia poidera beneficiarse da súa condición de produtora de electricidade.

“Aquí tivemos e temos un papel de produtores de enerxía herdado do franquismo, sendo nós exportadores dun 35% da electricidade que se produce aquí. Non é xusto que ademais teñamos que pagar a factura máis cara de todo o Estado”, lamentan.

o bng de xove lembra que salgueiro votou en contra dunha tarifa eléctrica galega que beneficiaría a alcoa

Os nacionalistas xovenses lembran que a iniciativa non saíu adiante pola abstención do PSOE e polo voto en contra dos deputados provinciais do Partido Popular (PP), entre os que se conta o rexedor e alcaldable dos conservadores en Xove, Demetrio Salgueiro.

“É indiscutible que o peche de Alcoa sería a cousa máis grave que nos podería afectar como concello, se ben desde o goberno local parecen non darlle a suficiente importancia, tendo en conta o sentido do voto emitido hai medio ano polo alcalde de Xove e polo seu grupo na Deputación”, sinalan.

CxG DE LOURENZÁ

O candidato de CxG á alcaldía de Lourenzá, Carlos Rivas, expuxo as súas propostas para o comercio do municipio. A intención do alcaldable é “potenciar o mercado para que se faga semanal e forme parte integral da vila, de xeito que chegue a máis xente”.

cxG quere potenciar o mercado de lourenzá para que sexa semanal

Acompañado do coordinador do secretario xeral da formación e candidato ás eleccións europeas, Juan Carlos Piñeiro Docampo, entende que “Lourenzá debe recuperar o liderado no comercio do Val, porque isto servirá para revitalizar a economía da zona”.

Rivas e Piñeiro, nunha tenda laurentina. AXM

Rivas tamén adiantou que xestionará “un sistema municipal de transporte desde as parroquias ao centro da vila, “ben sexa mediante un acordo cos taxistas ou novos sistemas que faciliten o dinamismo e a accesibilidade dos veciños e veciñas”.

PP DE RIBADEO

O vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, apoiou a candidatura do popular Daniel Vega á alcaldía de Ribadeo nunha xuntanza celebrada esta tarde na parroquia ribadense da Devesa.

Acto do PP na Devesa. AXM

O candidato do PP ribadense destacou “a colaboración” do departamento autonómico con entidades asociativas das parroquias ribadenses para a mellora de instalacións e inmobles. Así, puxo como exemplos “as actuacións levadas a cabo no propio local do Círculo Habanero da Devesa, na Rochela, en Cedofeita, en Couxela e na vila ribadense, porque destas axudas beneficiáronse tamén colectivos como as asociacións de amas de casa e de mulleres rurais”.

BNG DE VIVEIRO

O BNG de Viveiro, que lidera Miriam Bermúdez, promete campañas promocionais -actuacións musicais e teatrais- e o impulso dunha plataforma de venta online para apoiar o comercio local e de proximidade fronte ás grandes superficies comerciais.

A planificación e promoción de festas -populares, xuvenís e gastronómicas- e de feiras -do libro, da artesanía, do comercio, do produto da horta e do mar- son outras das iniciativas que inclúe o partido frontista no seu programa.

CxG BURELA

O candidato de CxG á alcaldía de Burela, José Luis Moñita, comprométese a traer á vila unha exposición con documentos históricos dos pactos Galeusca, facilitada pola fundación Sabino Arana, vinculada ao PNV.

A mostra contría con documentos históricos dos acordos de 1923 e 1941. Entre ditos documentos existen orixinais da Irmandade Nacionalista Galega asinados por Vicente Risco, así como documentos do Partido Galeguista e do Consello de Galiza tamén asinados por Castelao, Antonio Alonso Ríos e Lino Pérez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...