IniciosociedadeCase 500 escolares celebrarán Os Maios en Viveiro

Case 500 escolares celebrarán Os Maios en Viveiro

Concello e CCHV impulsan o vindeiro venres o desfile, que partirá da Praza Maior para percorrer a vila e engalanala de flores

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro (CCHV) e o
Concello de Viveiro organizan o vindeiro venres a Festa dos Maios en colaboración cos colexios do municipio. Un total de 494 alumnos do colexios Lois Tobío, San Roque, Landro e Covas percorrerán as rúas de Viveiro ataviados con motivos florais e cantando cancións tradicionais.

Os rapaces sairán da Praza Maior ás 12.00 horas, percorrendo a rúa Margarita Pardo de
Cela, Avenida de Cervantes, Vilar Ponte, Almirante Chicarro, Pastor Díaz e de volta
na Praza Maior desfrutarán dun refrixerio. Estarán acompañados do grupo dos maios de Campo de Urraca.

RECUPERACIÓN

Trátase dunha festividade para recibir a primavera que se vén recuperando nos últimos anos, que se celebraba anos atrás en Viveiro e á que Concello e comerciantes queren dar continuidade. Os negocios asociados ao CCHV engalanarán as súas portas ou escaparates con motivos florais para animar as actividades.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...