IniciosociedadeO Resurrection é o festival galego mellor valorado polo público

O Resurrection é o festival galego mellor valorado polo público

Os asistentes pernoctaron na zona unha media de 3,5 noites e gastaron uns 193 euros, segundo as estimacións dun informe elaborado pola Axencia Galega de Industrias Culturais

Publicada o

- Advertisement -

O Resurrection Fest é o festival galego con mellor valoración por parte do público. As persoas asistentes puntuaron o evento cun 8,65 sobre 10.

O trato do persoal (9,02), o escenario e o mantemento (8,92) ou a localización e integración na contorna (8,83) son algúns dos aspectos máis apreciados, dacordo cos datos dun informe de avaliación elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela para a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). Os prezos dos servizos (6,56)  figuran, pola contra, entre os elementos que rebaixan a avaliación global.

O estudo, baseado en 1.470 inquéritos e na información achegada pola organización, acaba de publicarse na web de FEST Galiciaa marca impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo para promover Galicia como destino musical, canda os dos festivais PortAmérica, Revenidas, Sinsal e SonRías Baixas.

O informe, que pode consultarse nesta ligazón, ofrece datos que cuantifican a repercusión social e económica do evento tanto en Galicia como na comarca, ademais do seu retorno a nivel de imaxe e de turismo e a súa incidencia nos ámbitos da comunicación e información.

PERFIL E HÁBITOS DO PÚBLICO

Dacordo coas estimacións dos investigadores, a última edición do festival viveirense sumou entre 22.108 e 25.332 visitantes.

O 75 por cento tiñan entre os 18 e os 34 anos. Seis de cada dez chegaron desde fóra de Galicia e case a metade dos enquisados expuxo que viña acompañado dun grupo de cinco ou máis persoas.

Os asistentes pasaron unha media de 3,52 noites na contorna. A falta de aloxamento foi o principal motivo esgrimido para non pernoctar na zona.

IMPACTO ECONÓMICO NA COMARCA

O gasto medio por persoa na comarca foi de 193,05 euros, repartidos entre hospedaxe, restauración, compras na localidade, merchandising e transporte.

En función dos fluxos económicos relacionados festival, os investigadores estiman que deixou ata 7,5 millóns de euros na bisbarra e 9,4 millóns no conxunto de Galicia. Dacordo cos datos relativos ao impacto económico, o retorno do festival foi de ata 2,31 euros por euro investido.

O informe tamén analiza o impacto comunicativo e informativo do evento, no que destaca a súa identificación con Viveiro, nomeado na metade das informacións publicadas sobre o Resurrection.

SELO DISTINTIVO

Segundo Agadic, os informes serán “o punto de partida para o deseño de novas medidas” en relación co desenvolvemento da marca FEST Galicia. O organismo autonómico proxecta a creación dun selo distintivo que recoñeza e dea visibilidade aos festivais profesionais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...