InicioCulturaPower Trip e Misery Index son baixa no Resu, que anunciará "canto...

Power Trip e Misery Index son baixa no Resu, que anunciará “canto antes” substitutos

As bandas estadounidenses non actuarán no festival de rock de Viveiro "por motivos loxísticos" e a organización busca grupos que as suplan

Publicada o

- Advertisement -

A organización do Resurrection Fest anunciou este xoves a través das súas redes sociais que os grupos Power Trip e Misery Index causan baixa na edición de 2019 do festival, que se celebrará en Viveiro do 3 ao 6 de xullo.

Os organizadores expuxeron que estas dúas bandas non poderán actuar na décimo cuarta edición por “motivos loxísticos“. Con actuacións previstas no Ritual Stage para o xoves e o sábado, respectivamente, os texanos Power Trip ían presentar o seu último traballo, ‘Nightmare Logic‘, mentres que os tamén estadounidenses Misery Index están inmersos na xira de ‘Rituals of Power‘.

ACORDES “EN XÉNERO E TAMAÑO”

O Resu expón que os seus impulsores “levan tempo traballando” nos grupos que os substituirán e que anunciarán “canto antes”. A organización busca “bandas acordes en xénero e tamaño“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...