EFE. Alcoa participará na nova subasta do servizo de interrumpibilidade que se vai celebrar en xuño, aínda que a compañía lamenta que, “unha vez máis”, na resolución coas características da subasta se reduzan os prezos de saída e o número dos bloques de potencia interrumpible de 40 megavatios (MW).
Fontes da multinacional indicaron o pasado luns a Efe que Alcoa acudirá, non obstante, ás subastas para o segundo semestre do ano -que se celebrarán do 17 ao 21 de xuño– co obxectivo de obter o maior servizo posible para a súa planta de San Cibrao, a única produtora de aluminio primario en España.
POR POXA DESDE 2014
Os pagos por interrumpibilidade bonifican ás empresas grandes consumidoras de enerxía que están dispostas a suspender o seu consumo en caso de necesidade e, desde 2014, este servizo adxudícase en subastas, nas que os lotes de potencia interrumpible se asignan ás empresas que presentan as poxas máis competitivas.
Para Alcoa, a resolución da Secretaría de Estado de Enerxía co calendario e características do procedemento de subastas supón unha “nova decepción” e tamén para a industria electrointensiva. Segundo as citadas fontes, a produción de aluminio primario en España “será inviable” se non se adoptan medidas para paliar o elevado impacto que o prezo da electricidade ten nas industrias grandes consumidoras de enerxía.
Ademais, estas fontes lembraron que esta nova redución súmase ás que xa houbo nas subastas de interrumpibilidade para o primeiro semestre de 2019 e nas de 2018.
alcoa avisa de que a industria do aluminio primario, da que san cibrao é a única fábrica en españa, será “inviable” sen electricidade máis barata
PREZOS DE SAÍDA
Segundo a resolución publicada o pasado luns no Boletín Oficial do Estado (BOE), os prezos de saída das subastas, nas que as empresas presentan ofertas por cada lote, serán de 125.000 euros para os bloques de cinco MW e de 150.000 euros para os de 40 MW.
No primeiro caso, o prezo de saída para adxudicar potencia interrumpible para o segundo semestre do ano é inferior en 25.000 euros ao que houbo na anterior para o bloque de cinco MW e en 50.000 euros para o de 40 MW. Os participantes nestas subastas poxan polos bloques con rebaixas sobre o prezo inicial e, nesta ocasión, o chanzo de baixada dos prezos será de 1.000 euros/MW, e no caso de desempates, dunha décmia parte desta cantidade.
LOTES
Na subasta que se celebrará en xuño, subastaranse entre 352 e 480 lotes de cinco MW, por unha potencia de entre 1.760 e 2.400 MW, e entre cero e 16 de 40 MW, aqueles polos que compiten as grandes empresas consumidoras de enerxía, como Alcoa, por unha potencia interrumpible de entre cero e 640 MW.
A última subasta, celebrada en decembro pasado para prestar os servizos de interrumpibilidade entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019, agináronse 2.600 MW por un importe total de 101,15 millóns de euros. O prezo medio de asignación estivo un 47,2% por debaixo do de saída, que era de 200.000 euros/MW nesa ocasión, nos bloques de 40 MW, e un 56,91% por debaixo dos de cinco MW, que esa vez saíron a 150.000 euros/MW.
Alcoa adxudicouse 400 dos 2.600 MW que saíron á subasta, todos eles de 40 MW (seis deles para a fábrica de Cervo, dous para A Coruña e outros dous para Avilés).
OFERTAS POR AVILÉS E A CORUÑA
A multinacional estadounidense do aluminio ten postas á venta estas dúas últimas plantas, que cesarán definitivamente a súa actividade se non se atopa antes do 30 de xuño un comprador dentro dos acordos para tentar dar continuidade industrial a esas instalacións, que empregaban antes de que se puxera en marcha un expediente de regulación de emprego (ERE) a 686 traballadores.
Neste senso, as ofertas das empreas interesadas en quedarse coas plantas deberán presentarse esta semana, segundo o calendario aprobado. Ata o momento só houbo mostrar de interese, aínda que fontes de Alcoa non precisaron nin o número nin os nomes pola obriga de confidencialidade no proceso.