IniciosociedadeXove convoca axudas ao estudo para comedor, estancia e transporte por ata...

Xove convoca axudas ao estudo para comedor, estancia e transporte por ata 300 euros

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 17 de xuño ata o 8 de xullo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove publicou a convocatoria de axudas ao estudo para comedor, estancia e desprazamento de cara ao curso 2019-2020. O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 17 de xuño ata o 8 de xullo, ambos días incluídos.

Os estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña Lucense que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do municipio, poderán solicitar unha bonificación de 240 euros.

ALOXAMENTO

No tocante ás axudas á estancia, os estudantes universitarios que se matriculen en universidades españolas poderán pedir unha axuda de 250 euros; os dos ciclos formativos que non existan na comarca, outra do mesmo importe; aqueles que cursen ensinos artísticos, profesionais ou deportivos, tamén terán a opción de solicitar a mesma cantidade.

DESPRAZAMENTO

Finalmente, co obxectivo de aliviar os gastos en desprazamento, os estudantes que cursen Bacharelato ou ciclos formativos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando ditos estudos non sexan impartidos nos centros de ensino do municipio e cando o seu horario escolar non sexa compatible co bus escolar municipal, poderán gozar de compensacións por 300 euros.

Os estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior, poderán acceder á mesma cantidade.

Os que cursen este tipo de titulacións que non existan na comarca, recibirán 150 euros, o mesmo que aqueles que estuden ensinos artísticos, profesionais e deportivos, e os estudantes universitarios en universidades españolas.

REQUISITOS

Segundo expón o goberno municipal en funcións, para o acceso a estas axudas terase en conta o previsto nas bases sobre a renda per cápita familiar, na que se engloban os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia.

Outro requisito é que para acceder a estas subvencións haberá que estar empadronado e ter residencia efectiva do núcleo familiar en Xove.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...