IniciosociedadeO PP rexeita no Parlamento manter a dotación da ambulancia medicalizada da...

O PP rexeita no Parlamento manter a dotación da ambulancia medicalizada da Mariña

Os populares fan valer a súa maioría absoluta para frustrar á oposición, que pide de forma unánime un novo concurso do transporte urxente sanitario terrestre

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A oposición esixiu o pasado mércores a modificación dos criterios do concurso do servizo de transporte sanitario urxente que o Partido Popular de Galicia (PPdeG) rexeita ao entender que o proceso aplicado para a adxudicación se acredita aos criterios.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha proposición non de lei que foi rexeitada polo PP, o grupo maioritario na Cámara, para modificar os criterios de valoración, en tanto que se dea máis relevancia ás melloras en material e persoal en lugar de dar maior puntuación aos criterios económicos “como sucede agora”, segundo expuxo a deputada nacionalista Montse Prado.

Na modificación do concurso pídese que se doten a todas as ambulancias medicalizadas ou de soporte vital avanzado (ASVA) cos equipos profesionais existentes ata agora e non eliminar ningún dos recursos.

A deputada nacionalista Montse Prado. AXM

CRÍTICAS DE TES, OPOSICIÓN E ALCADES DO PP

A ASVA da Mariña Lucense é a única das dez existentes en Galicia que perde un dos dous Técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES) cos que contaba a dotación, toda vez que se lle ubica nunha categoría intermedia -cun TES, un médico e un enfermeiro- canda as do Salnés e Monforte de Lemos, de recente ubicación. Unha “discriminación” que denunciaron profesionais e partidos da oposición, ademais de no seu momento alcaldes do PP, como o focego Javier Castiñeira.

O BNG tamén insistiu en ampliar estas ambulancias a Valdeorras, Baixo Miño e Bergantiños. Ao respecto, Prado criticou que en materia sanitaria “o PP non dá aprendido nada” e insiste en que no concurso “o que máis importa é a cuestión económica”.

Al respecto, Prado ha criticado que en materia sanitaria “el PP no da aprendido nada” e insiste en “un concurso en el que lo que más importa es la cuestión económica. Chove sobre mollado e o Sergas persiste en dar un servizo de peor calidade“, censurou a deputada do partido frontista.

Ás críticas do BNG sumáronse Julio Torrado (PSdeG-PSOE) e Eva Solla (En Marea), que insistiron en que o servizo debe ser público e non estar privatizado.

A XUNTA: “MELLORA A RELACIÓN CALIDADE-PREZO”

A parlamentaria do PPdeG Encarna Amigo censurou que a oposición “volva alarmar” en materia de sanidade, porque “as alarmas non saltan polo concurso senón por vostedes”.

Para Amigo, o novo concurso “mellora a relación calidade-prezo” do servizo e “atende” en termos de dotación de recursos ás demandas do servizo, posto que a elaboración “responde aos estudos que o 061 fai periodicamente”.

Ademais, apuntou que neste concurso “a oferta económica ten un peso do 40 por cento fronte ao 60 por cento que supoñen as melloras na prestación do servizo”, ao tempo que destacou que “todas as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e de soporte vital básico terán que ser vehículos de nova matriculación”.

OS SINDICATOS ALEGARON

Confederación Intersindical Galega (CIG) e Unión Xeral de Traballadores (UXT) alegaron os pregos do contrato de transporte urxente sanitario terrestre, aínda que os sindicatos admiten que se trata “dunha cuestión de vontade política” paralizar o proceso, dado que a dotación da ambulancia medicalizada da Mariña Lucense, con tres profesionais, “entra dentro da normativa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...