IniciosociedadeViveiro terá en setembro un festival da diversidade sexual

Viveiro terá en setembro un festival da diversidade sexual

Concello e CIM queren que sexa un encontro de carácter "familiar" que sirva para concienciar a crianzas e pais no respecto á igualdade de xénero e á pluralidade de opcións sexuais

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro terá na primeira quincena de setembro un festival da diversidade sexual. Así o confirmou o goberno local, que quere impulsar un programa de concienciación sobre a igualdade de xénero.

O proxecto parte da concellería de cultura e do Centro de Información á Muller (CIM) de Viveiro, que agardan que o encontro teña “un carácter familiar” e que incida na concienciación sobre a necesidade de respectar a pluralidade de opcións sexuais.

A edil en funcións, Lara Fernández-Noriega, remarca que se barallan actividades “tanto na Praza Maior coma nos Xardíns Noriega Varela“, aínda que o programa esta por concretar. Tamén se proxecta a organización dunhas xornadas de sensibilización sobre a diversidade sexual e igualdade de xénero, así como de talleres.

Concello e CIM aspiran a crear un programa enfocado “principalmente aos nenos, que son como esponxas e poden aprender todos eses valores de respecto que queremos transmitir”, expón Fernández-Noriega.

Banco pintado coa bandeira trans no parque de Navia Castrillón. AXM

A aposta polo cambio a través da educación tamén se espallará aos pais, de xeito que as crianzas e menores transexuais poidan medrar en ambientes máis tolerantes coa súa condición sexual.

AS BANDEIRAS LGTB E TRANS, NOS BANCOS

A primeira iniciativa deste proxecto, a petición da asociación Chrysallis, foi o pintado de varios bancos do parque ubicado na avenida de Navia Castrillón, entre o Hotel Urban e a zona de Verxeles, coas bandeiras do colectivo Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais (LGTB) e da comunidade transxénero.

Segundo expón Fernández-Noriega, cidades como Madrid ou Oviedo xa optaron por este xeito diferente e reivindicativo de decorar parques e lugares públicos. Así, dos oito bancos do parque viveirense, dispuxéronse dous asentos coas cores da bandeiras do arco da vella e outros tantos coas do colectivo trans.

PARQUES DINÁMICOS

Ademais, o goberno local tamén promoverá entre os pequenos hábitos saudables no tocante á socialización e ao exercicio físico, coa creación de parques dinámicos. Así, debuxaranse varios xogos de rúa no chan a fin de que os pícaros “xoguen e desterren un pouco tanta máquina”, conclúe Fernández-Noriega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...