IniciosociedadeA holandesa Lilly Palmer e o brasileiro Vinicius Honorio encabezan o cartel...

A holandesa Lilly Palmer e o brasileiro Vinicius Honorio encabezan o cartel do festival electrónico Ether

Os Djs locais Karras Martínez, Llonas e Cessabit súmanse a cita viveirense que incorpora unha zona de foodtrucks e actividades infantís

Publicada o

- Advertisement -

Os Xardíns Noriega Varela de Viveiro acollerán o vindeiro 27 de xullo o festival de música electrónica Ether: An Electronic Odyssey.

A Dj e productora holandesa Lilly Palmer e o brasileiro Vinicius Honorio, apadriñado polo selo Drumcode, encabezan o cartel do evento que, na súa cuarta edición, reforza a súa oferta con “mías artistas e variedade de estilos”.

O barcelonés SPFZ,  a banda revelación da escena electrónica de Madrid Blackpanda e os Djs locais Karras Martínez, Llonas e Cessabit completan o elenco.

ACTIVIDADES PARALELAS

Como novidade, os asistentes atoparán unha zona de foodtrucks e outra de picnic, coas que poderán acompañar a música cunha gastronomía variada.

A proposta do festival complétase con actividades infantís nas que se promoverá unha conduta creativa coa música electrónica como protagonista.

Tras os obradoiros, que se desenvolverán a partir das 12:00 horas, terá lugar unha sesión vermú amenizada por unha sesión de house, disco e funk a cargo de Santy Lle Funke.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...