O Goberno central fixo públicas este xoves as cantidades que percibirán as empresas galegas no tocante as compensacións por emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro, entre eles o dióxido de carbono (CO2). A multinacional Alcoa é a compañía cun maior ingreso neste concepto, con 25.188.819 euros, case 2,4 millóns pola planta de alúmina de San Cibrao e algo máis de 22,79 pola factoría de aluminio do complexo industrial cervense. En total, o investimento é de arredor de 42,2 millóns, dos que se beneficiarán once centros produtivos galegos.
Expediente |
Empresa |
Axuda proposta |
Sede en Galicia |
CO2-010000-2019-47 |
ALU IBÉRICA LC, S.L. |
6.151.711,78 € |
A Coruña |
CO2-010000-2019-12 |
ALÚMINA ESPAÑOLA, S.A. – San Ciprián |
2.398.097,78 € |
Cervo |
CO2-010000-2019-18 |
ALUMINIO ESPAÑOL, S.L. |
22.790.722,01 € |
Cervo |
CO2-010000-2019-83 |
ALUMINIOS CORTIZO, S.A.U. |
79.034,41 € |
Padrón |
CO2-010000-2019-124 |
BIOETANOL GALICIA, S.A. |
197.476,3 € |
Teixeiro |
CO2-010000-2019-43 |
CELSA ATLANTIC, S.L. – División Largos |
399.599,86 € |
A Laracha |
CO2-010000-2019-143 |
FERROATLÁNTICA DE SABÓN, S.L.U. |
3.106.975,26 € |
Arteixo |
CO2-010000-2019-23 |
FERROATLÁNTICA, S.A. – Fábrica de Cee |
2.285.404,45 € |
Cee |
CO2-010000-2019-24 |
FERROATLÁNTICA, S.A. – Fábrica de Dumbría |
2.985.453,65 € |
Dumbría |
CO2-010000-2019-104 |
MEGASA SIDERÚRGICA, S.L. |
1.666.664,83 € |
Narón |
CO2-010000-2019-121 |
PAPELERA DE BRANDIA, S.A. |
127.039,39 € |
Santiago |
TOTAL |
42.188.179,72 € |
Estas axudas, co obxectivo de paliar a perda de competitividade das empresas electrointensivas polo prezo da tarifa eléctrica, son unha das peticións da gran industria para conseguir unha maior estabilidade.
O artigo 5 do Real Decreto-Lei 20/2018, de medidas urxentes para o impulso da competitividade económica no sector da industria e o comercio en España (aprobado en decembro do ano pasado), establece que os beneficiarios destas axudas teñen a obriga de manter a actividade produtiva durante un período de tres anos a partir da data en que se dicte a resolución da concesión.
TENTATIVA DE ALIVIAR O PREZO DA ENERXÍA
Alcoa considerou esta subvención insuficiente para garantir a viabilidade da planta de aluminio ante a ausencia dun prezo da electricidade similar ao de outros países de Europa, como Francia ou Alemaña. A multinacional anunciou un plan de axuste coa previsión do peche de plantas nun período de cinco anos. Diante desta situación, os traballadores convocaron unha manifestación o vindeiro domingo en Viveiro para reclamar ao Executivo “medidas urxentes” para garantir os postos de traballo.