IniciosociedadeUn total de 57 comercios de Viveiro ofrecerán esta fin de semana...

Un total de 57 comercios de Viveiro ofrecerán esta fin de semana descontos do 20%

A campaña Shopping Weekend desenvolverase o venres e o sábado en negocios de moda, calzado, agasallos, alimentación, óptica ou telefonía, entre outros

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) porá en marcha este venres 8 e o sábado 9 de novembro a campaña Shopping Weekend.

Un total de 57 comercios participarán na campaña, ofrecendo descontos do 20% en miles de artigos. Rebaixarán os prezos dos seus produtos locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, perfumería, beleza e benestar, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, librerías e papelerías, estancos ou perruquerías.

Óptica Rosario, Deportes Don Balón, Confecciones Justo Vázquez, Baühaüs, Muebles Iglesias, Irimia Paquetería, Platax, Grafity, Regalos Sulian, Calzados Vogue, Madrás, Esprit, La Óptica Viveiro, Lencería Canela, Van Surf Sneakers, Dandara, Van Surf Shop, A Tenda da Calexa, África Copias, Rockids, Jonathans, Baamonde Style, BMD, Óptica Casariego, Raquel Seijido e La Fidalgas son algúns dos comercios participantes.

Tamén Carlos Fotógrafos, Tacones, Versus, Kody Kids, Joyería Paleo, Podium Sport, Estanco Casanova, Calzados Albo, Kandela Iluminación, Albo Zapaterías, Mobiltom, Albo zapatillería, Nácar, Piti Deportes, El Faro, Kerale Moda, Tejidos Rogelio, Óscar Rodríguez Joyeros, Paquetería Mónica, Fontana e Depidel.

Así mesmo, Miss-tic, Carnicería Mariño, Oxígeno Surf, La Tienda de Aradia, Kalea Platería, Peluquería Richard XFavor, Fontenova Panadería, Yoga Pilates Ana, Cerámica Regal, Paquetería Lage e La Huerta participarán na campaña.

Banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas á entrada identificarán os comercios participantes. Os descontos, lembra o CCHV, non son acumulables a outras ofertas, encargos ou devolucións, xa que se trata dunha campaña puntual.

O CCHV lembra que o comercio local ofrece “trato persoal e profesionalfronte a outras formas de compra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...