IniciosociedadeÁlex, protagonista do Resu 2019, premiado como exemplo de inclusión

Álex, protagonista do Resu 2019, premiado como exemplo de inclusión

O mozo, de 19 anos e con parálise cerebral, puido ver concertos como de Arch Enemy en primeira liña malia a súa cadeira de rodas tras ser levantado polo público do festival

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidad (Cermi) premiou este luns ao mozo rioxano Álex Domínguez, quen, coa súa cadeira de rodas, foi alzado en volandas o pasado verán polo público que asistía a un concerto de música en Viveiro (Lugo) para cumprir o seu desexo de achegarse ao escenario.

Este mozo de 19 anos, con parálise cerebral e estudante de Dereito en Logroño, recibiu o premio na categoría de acción cultural inclusiva, como exemplo de loita das persoas con discapacidad para cumprir as súas metas e acceder a calquera oferta de lecer.

Os presidentes do Cermi, Luís Cayo, e do Goberno da Rioxa, Concha Andreu, entregaron o premio a Domínguez, quen, coa súa cadeira de rodas, asistiu ao festival de música heavy Resurrection Fest en Viveiro e, na actuación do grupo Arch Enemy, pediu aos seus amigos e a outros asistentes que lle levantasen en volandas para achegalo ao escenario.

OS ‘RESUS’ BRINDÁRONLLE AXUDA PARA CUMPRIR UN SOÑO

Ese momento foi captado por un dos fotógrafos do festival, Daniel Cruz, quen tamén foi recoñecido polo Cermi, e esa imaxe deu a volta ao mundo como exemplo de inclusión, tanto polas ganas do protagonista de ser un máis como pola axuda que lle brindan decenas de persoas para suxeitarlle no aire.

Así, engade o xurado dos premios, unha instantánea mostra á vez a alegría dunha persoa con discapacidade por ser partícipe dun evento cultural e por cumprir un reto para a súa mobilidade reducida, xunto ao esforzo un grupo de persoas para que cumpra o seu obxectivo e sexa un máis.

“Nunca pensei que ía chegar a tantos lugares”, recoñeceu este luns o protagonista da instantánea, para quen “a cultura non entende de fronteiras e podémola gozar todos”.

Non cre que se converteu nunha icona para as persoas con discapacidade, aínda que considerou importante que o que fixo “se vexa e se difunda para que outras persoas con discapacidade poidan ver que se se quere, pódese”.

UN MOMENTO DE “EUFORIA”

A foto capta “un momento de euforia“, dixo, porque facía moito tempo que quería ir ao festival e estaba “moi contento”; ademais de que pensou que “non tiña por que ter barreiras para facer o mesmo que os demais”, pediu aos do ao redor que lle levantasen e fixérono”, polo que, “con vontade e axuda, pódese chegar a todo”.

Cayo asegurou que esta fotografía “icónica” demostra que “as persoas con discapacidade poden cumprir metas e chegar a todo”; ao que Andreu engadiu a lección de inclusión e de igualdade dada por este mozo, “un exemplo” e que demostrou que “pode facer o que se propoña sen importar a súa discapacidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...