IniciosociedadeConcello e veciños reclaman á Deputación o arranxo da vía que une...

Concello e veciños reclaman á Deputación o arranxo da vía que une Xove e San Isidoro de Monte

Aseguran que o estado da estrada, con "perdas asfálticas en case todo o percorrido", supón "un auténtico perigo"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Xove, o popular Demetrio Salgueiro, e veciños de San Isidoro de Monte mantiveron unha xuntanza no salón de plenos do consistorio para abordar “o profundo malestar” polo estado da estrada que vai dende a capital municipal á localidade, “vital para a parroquia” e que presenta un estado “lamentable“.

Segundo critican desde o goberno local, “a cantidade de baches, pequenos e grandes, é incontable, con pérdidas asfálticas en prácticamente todo o percorrido. A estrada, de titularidade da Deputación Provincial de Lugo, é nestes intres un auténtico perigo, tanto para viandantes como para a circulación de vehículos”.

Salgueiro entregou á veciñanza unha copia do acordo asinado entre o Concello de Xove e a Deputación de Lugo segundo o cal a estrada debería estar asfaltada con aglomerado en quente neste 2019, “un acordo que se está a incumprir”, lamenta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...