IniciosociedadeSindicatos e PP cargan contra a supresión da venta de billetes de...

Sindicatos e PP cargan contra a supresión da venta de billetes de tren en Burela e Viveiro

CC OO cifra en "370.000" os afectados en toda Galicia polo recorte e os conservadores anuncian mocións nos concellos e preguntas no Congreso dos Deputados

Publicada o

- Advertisement -

Sindicatos e oposición criticaron este luns a decisión de Renfe de pechar a venta presencial de billetes de tren en oito estacións galegas, entre elas Burela e Viveiro, onde os tiques despacharanse a través de máquinas.

O sindicato Comisións Obreiras (CC OO) expresou que se opón “totalmente” á medida e pide explicacións ao operador Renfe e ao administrador da infraestructura ferroviaria Adif, dúas empresas públicas, por tal decisión que calcula que afectará a uns 370.000 viaxeiros.

As estacións de Ortigueira, Burela, Sarria, Viveiro, O Carballiño, Ribadavia, Guillarei e Redondela deixarán de vender billetes aos viaxeiros a partir do próximo mércores, coincidindo co inicio do ano novo.

CC OO considera que a venda de billetes e de información ao público nas estacións é un servizo “que se debe manter porque así o piden os cidadáns” usuarios dese sistema de transporte e “non pode ser substituído por máquinas de autoventa que son pouco operativas, con múltiples avarías e pouco mantemento”.

Ademais, cre que ese método “non é axeitado á tipoloxía de persoas que utilizan ese servizo“, moitas delas de avanzada idade e non familiarizadas coa compra de billetes en máquinas ou por internet.

Tamén manifestou a súa oposición o sindicato CxT, que lamenta que se tomase esta decisión malia que en Sarria “aumentou o número de viaxeiros nun 40% entre 2016 e 2018”.

“ABANDONO DAS LIÑAS”, CON “FALTA DE PERSOAL”

CC OO critica que isto supón unha “volta de tuerca máis” das empresas públicas por investir en liñas de alta velocidade ferroviaria e polo “abandono total das liñas de ferrocarril convencionais“.

Ademais, reprocha que con esa decisión pódese agravar aínda máis o recorte de persoal, que pasou en Galicia de 3.300 empregados no sector ferroviario fai trinta anos a uns 1.100 actualmente, o que xera unha falta de traballadores “alarmante”, tanto de interventores e maquinistas en trens como de mantemento de infraestructuras.

Por iso, CC OO convida aos poderes públicos a reconsiderar esa medida e a investir máis no ferrocarril convencional, que “debe ser considerado un servizo público que garanta a mobilidade das persoas” e un “elemento vertebrador do territorio“.

BURELA, “A ÚNICA INTERMODAL SEN TRABALLADORES”

O Partido Popular, pola súa banda, anunciou que presentará preguntas ao Goberno central a través dos deputados lucenses no Congreso, Joaquín García Díez e Jaime de Olano, e iniciativas nos municipios de Sarria e Viveiro -non así en Burela ao non celebrarse aínda o pleno de organización-.

“É incrible que a única estación intermodal de toda A Mariña quede sen traballadores para atender á xente que quere sacar billetes para usar o tren. Trátase dunha merma clarísima da calidade na atención ao servizo”, indicou Manuel Rouco, voceiro dos populares burelaos, que insta ao rexedor, o socialista Alfredo Llano, a “dar explicacións de por que agora non di nada cando antes se manifestaba en protesta polo descenso da actividade ferroviaria”.

Os concelleiros populares de Viveiro, segundo avanzou a formación conservadora, presentaron unha moción para que o Pleno acorde “que o equipo de goberno faga as xestións necesarias para solicitar que Renfe rectifique a súa decisión de suprimir a partir do 1 de xaneiro de 2020 o servizo de venta presencial de billetes na estación de Viveiro, e prive así aos usuarios do ferrocarril de servizos que estaba previsto manter”.

A iniciativa dos conservadores tamén reclama ao Concello que “faga as xestións necesarias para solicitar a Renfe o aumento do servizo de transporte na Mariña, incluíndo servizos máis directos dende Viveiro ás zonas con facultades universitarias, para que os estudantes da Mariña poidan desprazarse en un período de tempo razoable, así como que implante un servizo de cercanías máis axeitado ás necesidades da veciñanza para a comunicación co Hospital da Costa“.

“ERRO ADMINISTRATIVO”

Os conservadores viveirenses afirman que a decisión “é contraditoria” coa licitación, por parte da presidencia de Adif, “dun procedemento aberto para adxudicar un contrato  de servizo de información, atención ao cliente e venta de billetes, por 738.464 euros en nove estacións, catro delas de Galicia (Ribadavia, Sarria e Guillarei)”. Segundo o PP, este proceso foi “desestimado por erros de valoración dos criterios de adxudicación“, de xeito que “unha cuestión administrativa imputable” á administradora “non se corrixe mediante unha nova licitación senón que se suprime o servizo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...