InicioEconomíaAlcoa prevé perdas por riba dos 15 millóns en alúmina e próximas...

Alcoa prevé perdas por riba dos 15 millóns en alúmina e próximas aos 70 en aluminio

A dirección anuncia que ingresará 2,8 millóns pola interrompibilidade no primeiro semestre de 2020 polos 32,4 de 2019 e augura unha "difícil saída" para San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

O presidente de Alcoa en España, Álvaro Dorado, anunciou este luns aos sindicatos do complexo industrial de San Cibrao que a multinacional prevé perdas no 2020 “por riba dos 15 millóns” na factoría de alúmina e “de arredor de 70” na fábrica de aluminio, que a compañía estadounidense ve inviable co actual prezo da enerxía eléctrica.

Así o confirmou o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan (CC OO), que expón que a multinacional asegurou que as previsións son “malas”, dado que “a poxa de interrompibilidade minguou os ingresos” e tamén por mor de que a planta de alúmina, que ao longo dos últimos exercicios e tamén neste 2019 compensou as perdas en aluminio, tamén entrará en números vermellos. Os resultados do pasado ano foron “lixeiramente positivos” no global das dúas factorías.

NÚMEROS “LIXEIRAMENTE POSITIVOS” EN 2019

Segundo explicou a CIG a través dun comunicado de prensa, Alcoa San Cibrao obtivo 2,8 millóns de euros (325 megavatios en bloques de 5 Mw) da subasta, lonxe dos 32,4 conseguidos no 2019. Deste xeito, calcula a multinacional, o prezo da enerxía en 2020 rondará os 60 megavatios/hora, “que poderían reducirse a 50 de darse a compensación por CO2 comprometida polo Goberno central”.

“NON HAI DECISIÓNS TOMADAS” ATA A MESA DO 23

O sindicalista expuxo que Alcoa España “está a estudar todas as opcións e non ten ningunha decisión tomada“, segundo o dirixente da multinacional, e que “quere ver que trae o Goberno central” á mesa de seguimento polo futuro do complexo industrial convocada para o vindeiro 23 de febreiro. A compañía insiste en que o prezo da electricidade compromete o futuro do complexo industrial de San Cibrao e presiona deste xeito ao recén constituído Executivo central.

“Non se nos aclarou demasiado, pero si se nos dixo que a saída para San Cibrao é bastante difícil“, expuxo Zan. O vindeiro día 15, Alcoa, que anunciou un plan de axuste a cinco anos que inclúe recortes produtivos e o peche de plantas, fará oficiais os seus resultados do pasado exercicio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...