IniciosociedadeAlerta laranxa por vento este xoves na Mariña, coas actividades ao aire...

Alerta laranxa por vento este xoves na Mariña, coas actividades ao aire libre suspendidas

Espéranse refachos que poden superar os 100 quilómetros por hora

Publicada o

- Advertisement -

Galicia estará afectada este xoves por unha alerta laranxa por fortes ventos (de máis de 100 quilómetros por hora) e choivas nas provincias de Lugo, A Coruña, Pontevedra.

Segundo informa a Xunta de Galicia nun comunicado, as actividades no exterior de centros educativos, así como as deportivas, quedarán suspendidas na Coruña, Pontevedra e A Mariña Lucense.

Horarios da advertencia por ventos. AXM

 

Segundo informa Aemet, espéranse ventos sur que poden superar os 100 quilómetros por hora -e alcanzar forza oito- na Coruña, Pontevedra e A Mariña, mentres no resto da Comunidade haberá alerta amarela por ventos de ata 95 quilómetros por hora.

AVISO AMARELO POR TEMPORAL COSTEIRO

A bisbarra tamén se verá afectada por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por temporal costeiro, con vento do suroeste a oeste e ondas de ata catro metros.

Aviso amarelo por temporal costeiro. AXM

Ademais, haberá alerta laranxa por choivas intensas na provincia da Coruña, onde se esperan precipitacións acumuladas de ata 90 litros por metro cadrado en 12 horas. Segundo a información de Meteogalicia, a alerta laranxa durará ata a tarde deste xoves, mentres que a situación mellorará nas últimas horas do día.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...