IniciosociedadeCervo propón un orzamento "limitado por Alcoa" no que o gasto en...

Cervo propón un orzamento “limitado por Alcoa” no que o gasto en persoal supón a metade do total

O Concello afirma que a situación da fábrica "condiciona" as contas, que ascenden a 6,65 millóns e que demostran "a aposta pola xestión directa da maioría dos servizos"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e a edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentaron este venres un avance dos orzamentos previstos para o este ano 2020 que se están ultimando, e que será aprobados no vindeiro pleno ordinario a finais deste mes de xaneiro.

O rexedor explicou que a partida para este exercicio ascenderá a 6.647.687,77 euros, “un orzamento prudente e responsable condicionado á situación de incerteza que atravesa Alcoa, e, consecuentemente, toda a comarca da Mariña Lucense, dada a inexistencia desas medidas urxentes e imprescindibles para garantir o presente e o futuro da nosa zona”.

Neste senso, as cifras que “avanzamos están cimentadas nos principios da eficiencia da xestión do gasto público e reflicten a aposta decida deste equipo de goberno pola estabilidade e a sustentabilidade financeira”, afirmou.

Villares destacou o peso da partida destinada aos gastos de persoal, que abrangue case a metade das cifras globais -3.035.572,32 euros concretamente-. O rexedor argumentou que é “reflexo da aposta do Concello pola xestión directa da gran maioría dos servizos que ofrece á veciñanza, como pode ser, a modo de exemplo, o saneamento, a recollida de lixo ou o abastecemento de auga; ademais do servizo da escola infantil ou da piscina municipal, entre outros moitos”.

Pola súa banda, Caramés incidiu na relevancia que teñen no orzamento as políticas de fomento do emprego “cuxo exemplo máis significativo son as bolsas de formación remunerada para a mocidade”, para o que se destinan 140.000 euros do orzamento municipal.

Neste sentido, a edil remarcou que “diriximos unha achega importante a aqueles apartados que consideramos esenciais como son a educación –con axudas que volvemos dispoñer para o transporte do alumnado, para as familias, para os centros educativos e as Anpas-, a cultura, o deporte –tanto para o mantemento das nosas instalacións como para axudas ás entidades-, os servizos sociais –cunha importante partida tanto para a súa xestión directa como para a colaboración con diferentes organizacións- ou mesmo o turismo, no noso municipio”.

Villares precisou que estas contas manteñen as liñas que vimos marcando nestes anos baseadas “na aposta polo mantemento da calidade na prestación do servizos públicos”, pola vía da racionalización do gasto e do necesario cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.

RESUMO DA PROPOSTA

Gastos   Ingresos.  
A) OPERACIÓNS CORRENTES. 5.799.019,00 € A) OPERACIÓNS CORRENTES. 6.583.535,51 €
I. GASTOS DE PERSOAL 3.035.572,32 € 1. IMPOSTOS DIRECTOS. 2.650.311,95 €
II. GASTOS BENS CORRENTES E SERV. 2.348.346,68 € 2. IMPOSTOS INDIRECTOS. 21.675,19 €
III. XUROS. 7.000,00 € 3. TAXAS E OUTROS INGRESOS 2.390.637,72 €
IV. TRANSFERENZAS CORRENTES. 318.100,00 € 4. TRANSFERENCIAS CORRIENTES 1.512.158,14 €
V. FONDO CONTINXENCIA 90.000,00 € 5. INGRESOS PATRIMONIAIS 8.752,51 €
B) OPERACIÓNS DE CAPITAL. 848.668,77 € B) OPERACIÓNS DE CAPITAL 64.152,26 €
VI. INVESTIMENTOS REAIS. 582.507,07 € 6. ENAXENACIÓN INVERSIONS REAIS 0,00 €
VII. TRANSFERENZAS DE CAPITAL 0,00 € 7. TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 64.152,26 €
VIII. ACTIVOS FINANCIEIROS 0,00 € 8. ACTIVOS FINANCIEIROS 0,00 €
IX.  PASIVOS FINANCIEIROS 266.161,70 € 9. PASIVOS FINANCIEROS 0,00 €
TOTAL 6.647.687,77 € TOTAL 6.647.687,77 €

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...