InicioSucesosO helicóptero no que faleceu Kobe Bryant é o mesmo modelo ca...

O helicóptero no que faleceu Kobe Bryant é o mesmo modelo ca o Pesca II de Celeiro

O ex xogador de baloncesto, ao igual que outras celebridades, usaba o Sikorsky S-76-B, que emprega o Servizo de Gardacostas de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

O célebre ex xogador de baloncesto Kobe Bryant, unha das máis rutilantes estrelas da historia da NBA, faleceu o pasado 27 de xaneiro nun accidente de helicóptero. O baloncestista estadounidense pereceu na mesma aeronave –Sikorsky S-76-B– que utilizan os Gardacostas galegos, con bases en Peinador e Celeiro.

Así o confirmou a Administración Federal de Aviación de Estados Unidos. Bryant, ao igual que o presidente dos Estados Unidos Donald Trump, era asiduo deste modelo xa que odiaba o tráfico da cidade de Los Ángeles e tiña problemas de xeonllos e de espalda.

En Galicia, úsase desde 2005 como vehículo de salvamento e depende da Consellería do Mar da Xunta. Adícase á vixilancia pesqueira, protección do medio mariño e misións de búsqueda e rescate. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...