InicioEconomíaLazos de cor azul eléctrico locirán na Mariña para "salvar" a industria...

Lazos de cor azul eléctrico locirán na Mariña para “salvar” a industria electrointensiva

O comité de Alcoa inicia unha campaña para visibilizar a situación de aluminio: "a xente tense que dar conta de que o lobo esta á porta"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao tentará visibilizar a situación da planta de aluminio, “a máis grave” da historia do complexo industrial cervense, cunha campaña de concienciación coa que empapelará os comercios da Mariña Lucense con lazos de cor azul eléctrico e o lema ‘Salvemos a industria electrointensiva‘.

A campaña iniciarase o vindeiro venres en Xove, de 12.00 a 14.00 horas, e continuará en Cervo, os dous municipios máis dependentes a nivel económico da achega de Alcoa. Cada semana, o comité levará os lazos azuis a un dos concellos da bisbarra, para advertir de que a continuidade do aluminio da Mariña Lucense é un problema común.

A parte dos lazos, tamén se repartirán pins da mesma cor, e decoraranse algunhas zonas de azul eléctrico, “as máis vistosas. Realizaremos tamén bandeiras para as fiestras de cada unha das comunidades que visitemos. A idea é que calquera persoa que veña á Mariña saiba que temos un gran problema que se debe despexar canto antes para permitirnos ter un futuro”, explica o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan (CC OO).

“Queremos visibilizar o problema que temos e que nos dean solución, porque non a temos”, argumenta Zan. “Xa sabemos que é o Goberno quen ten que lexislar para acadar isto”, lembra, facendo fincapé na necesidade dun marco enerxético “definitivo” co comprometido desde hai máis dun ano estatuto para as electrointensivas e “os mecanismos que o acompañen”.

RECLAMAN QUE O ESTATUTO CONTEÑA “AS MEDIDAS NECESARIAS” PARA EQUIPARAR A LUZ A FRANCIA E ALEMAÑA

“Levamos anos advertindo de que vén o lobo, agora témolo á porta da casa e a xente pensa que é a mesma historia de todos os días. Estamos na situación máis grave da historia da fábrica”, remarca, en alusión á afirmación de Alcoa sobre a planta de aluminio, que ve “inviable” co actual prezo da luz.

Pola súa banda, Xosé Paleo, voceiro da CIG no organismo de representación dos traballadores, indicou que “semella que está solucionado todo coa constitución dun novo Goberno, pero a situación é igual de grave ou peor, porque pasa o tempo sen acadar nada concreto”. O sindicalista insistiu na necesidade de que o Executivo aprobe un estatuto “que teña as medidas necesarias para poñer a luz ao mesmo prezo ca en Francia ou Alemaña“, lembrou que o mencionado documento debe vir acompañado de demandas para as empresas beneficiarias no tocante á realización de investimentos, tendo as compañías “que garantir o emprego e o futuro das plantas. Non pode ser gratuíto”, zanxou.

Finalmente, Jorge Fernández “Castañón”, de UGT, mostrou o seu desexo de que a campaña “se espalle” e que os lazos azuis eléctricos “se vexan por todo o país”, dado que o comité de Alcoa “está a pedir para todos, para toda a industria electrointensiva”.

O comité de Alcoa aproveitou a rolda de prensa para agradecer a colaboración ás empresas externas, que respaldaron as anteriores protestas realizadas, tanto na Mariña Lucense como en Madrid, e tamén o seu apoio aos gobernos locais mariñaos.

SEN REUNIÓN COA DIRECCIÓN

Respecto da dirección de Alcoa, o comité admite que non houbo por agora unha reunión co presidente da multinacional en España, Álvaro Dorado, nin tampouco hai data sobre a mesa para valorar o resultado da mesa de negociación polo futuro da planta, o que é “negativo“. “Sabemos que saíron moi mal da reunión mantida co secretario de industria e por agora non temos máis valoración, estarán a ver que decisións tomar no futuro”, sinalou Zan.

Por parte do Goberno central, non haberá xuntanza cos obreiros nin coa dirección de Alcoa ata que se aprobe o estatuto, que está en proceso de tramitación con Bruxelas e coa Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).

O CONVENIO, EN ESPERA

Os traballadores celebrarán, con data aínda por concretar, unha asemblea para informar ao persoal do resultado da mesa de negociación de Alcoa e tamén para amosarlles o anteproxecto do convenio que están a redactar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...