InicioEconomíaO comité de Alcoa convoca unha manifestación o 26 en Lugo, que...

O comité de Alcoa convoca unha manifestación o 26 en Lugo, que acabará fronte á Deputación

Os sindicatos chaman á poboación da Mariña Lucense a participar na protesta, para a que fletarán autobuses

Publicada o

- Advertisement -

O comité do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao anunciou este martes que o mércores, 26 de febreiro, fará unha manifestación en Lugo para reclamar un abaratamento da luz que favoreza a continuidade da planta de aluminio, posta en cuestión pola multinacional co actual prezo da electricidade.

Os traballadores partirán da estación de autobuses de Lugo ás 10.00 horas, para posteriormente finalizar a protesta diante da Deputación de Lugo. O comité de empresa fletará autobuses para acudir ao acto reivindicativo, e os interesados poderán informarse sobre horarios e realizar reservas no número de teléfono 982.55.55.09, coa extensión 1179.

Os sindicatos presentaron o pasado luns as súas alegacións ao borrador do estatuto das electrointensivas presentado polo Goberno central, que consideran “insuficiente” para rebaixar o prezo da enerxía eléctrica a un prezo que faga competitiva á industria do aluminio, un custo que cuantifican nos 40 euros/megavatio/hora.

Cartel da convocatoria do comité. AXM

O prazo para rexistrar reclamacións ao documento finaliza o vindeiro xoves, e malia que todo apunta a que Alcoa presentará as súas alegacións, a empresa non valorou aínda publicamente o contido do texto. Por agora, a dirección da compañía tampouco deu resposta á petición dunha reunión por parte das centrais sindicais.

A CAMPAÑA DE LAZOS AZUL ELÉCTRICO, A VIVEIRO

Antes da manifestación de Lugo, o vindeiro venres, os traballadores continuarán en Viveiro coa súa campaña de lazos azul eléctrico para visibilizar a situación da fábrica de aluminio sancibrense. Os empregados colocarán un símbolo no balcón do consistorio viveirense, así como recordatorios da súa problemática nos escaparates dos comercios e nos lugares máis concorridos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...