O ribadense Daniel Castro será o número 2 da candidatura do BNG por Lugo

A viveirense Míriam Bermúdez irá no posto 7 e o cervense Diego Fernández no 12

Daniel Castro. GALIZA NOVA

O ribadense Daniel Castro García, estudante de filoloxía e membro da dirección de Galiza Nova, será o número 2 da candidatura do BNG por Lugo ás vindeiras eleccións autonómicas, que encabezará Olalla Rodil.

A concelleira de Viveiro, Míriam Bermúdez, será a número 7 da lista, mentres que o voceiro do grupo frontista en Cervo, Diego Fernández, irá no posto 12. Carme Aira (3), Mario Outeiro (4), Iago Suárez (5), Rosana Prieto (6), Xosé Ferreiro (8), Mónica Rodríguez (9), Emilio Sánchez (10), Iria Castro (11), Asunción Gómez (13) e Rubén Arroxo (14) completan a candidatura.

Os suplentes serán a ribadense Andrea Martins; Mónica Roca; o xovense Marco López; e Beatriz Cedrón e Bernardo Valdés.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here