IniciosociedadeO BNG de Viveiro afirma que o centro de saúde quedou un...

O BNG de Viveiro afirma que o centro de saúde quedou un mes sen odontoloxía

Os nacionalistas aseguran que desde o 15 de xullo, mentres o odontólogo estivo de vacacións, non houbo consultas ordinarias e só se derivaron urxencias a Burela

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro denunciou que até este luns, no que se reincorporou o odontólogo que estaba de vacacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) deixou “sen atención as consultas ordinarias” o centro de saúde de Viveiro durante “un mes enteiro“.

Os nacionalistas advirten de que desde o 15 de xullo non se cubriu ao profesional vacante e só se derivaron a Burela as urxencias, polo que non houbo consultas ordinarias de odontoloxía no ambulatorio viveirense.

ESIXEN A COBERTURA DAS AUSENCIAS

O grupo municipal do BNG sostén que “na quenda de mañá do centro de saúde, formada por sete efectivos, un médico xubilouse e outra

e o Sergas só os substituíu de xeito aleatorio e esporádico“. Así, esixe ao Sergas a cobertura das ausencias e sinala que “é básico dignificar a Atención Primaria para rescatar a sanidade pública da Mariña Lucense“. O

Neste senso, os nacionalistas lamentaron o sucedido no ambulatorio o pasado martes, cando, segundo denunciou a CIG-Saúdevarias persoas citadas na quenda de tarde quedaron sen atender ao faltar dous médicos de familia do centro sen que o Sergas acadase un substituto.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...