IniciosociedadeA totalidade dos usuarios da residencia do Valadouro dá negativo

A totalidade dos usuarios da residencia do Valadouro dá negativo

A maioría dos traballadores do xeriátrico valadourense tamén está por agora libre de coronavirus, a falta do resultado de cinco empregados; dous residentes de Mirador del Eo reciben a alta

Publicada o

- Advertisement -

Os 93 usuarios da residencia Santa María do Valadouro deron negativo nos tests de coronavirus aos que foron sometidos o pasado sábado, segundo concretan fontes da Fundación San Rosendo. As análises documentaron tamén 37 negativos entre o persoal, con outros cinco traballadores do xeriátrico á espera de recibir os resultados.

O reconto oficial do Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza dúas novas altas na vivenda comunitaria privada Mirador del Eo, de Ribadeo, co que o número de usuarios infectados pasa de tres a un. Seguen polo de agora tres residentes con positivo na residencia de Cervo, onde se documentou tamén un caso entre as traballadoras.

Finalmente, permanece afectado pola doenza un residente da residencia Betania e dous traballadores no xeriátrico de Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...