InicioPolíticaViveiro remata as bases para as axudas ás empresas e levará os...

Viveiro remata as bases para as axudas ás empresas e levará os orzamentos a pleno o 2 de xuño

O plan, pactado con Por Viveiro, inclúe sufragar con 400.000 euros as tres primeiras cotas dos obreiros por conta propia que reinicien a actividade tras ter que cesala

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou a través dun comunicado de prensa que o vindeiro 2 de xuño celebrarase o pleno ordinario, no que se incluirán os orzamentos de emerxencia para a súa aprobación.

PSdeG-PSOE e Por Viveiro pactaron estes presupostos, que inclúen 500.000 euros en axudas a pequenas e medianas empresas (pemes) e autónomos. Formacións como o Partido Popular ou o BNG viveirense criticaron que non se contou con eles neste proxecto.

O plan inclúe sufragar con 400.000 euros as tres primeiras cotas dos obreiros por conta propia que reinicien a actividade tras ter que cesala; tamén bonificar integramente as taxas por terrazas.

O Concello avanzou que “están preparadas as bases para o Plan de Reactivación Económica, unha iniciativa para paliar as consecuencias da pandemia”.

Tal e como estaba previsto, segundo o indicado no anuncio deste plan, tanto os presupostos como as bases están preparados para finais deste mes de maio e, loxicamente, tendo en conta que o 2 de xuño corresponde a celebración dun pleno ordinario, considerouse que o máis axeitado era proceder á aprobación nesta sesión plenaria, no que se inclúe a dotación económica necesaria para o Plan de Reactivación Económica.

TERRAZAS

Neste pleno tamén se incluirá a suspensión das taxas de ocupación de vía pública para a instalación de terrazas.

Para a primeira sesión plenaria que o Concello de Viveiro vai celebrar tras a declaración do Estado de Alarma, adoptaranse todas as medidas establecidas, valorando a posibilidade de realizalo de forma presencial ou por videoconferencia, segundo as indicacións existentes nese momento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...