InicioEconomíaNova xornada de protestas en San Cibrao con máis dun milleiro de...

Nova xornada de protestas en San Cibrao con máis dun milleiro de obreiros de Alcoa e auxiliares

Os traballadores bloquearon o acceso ao complexo industrial a primeira hora da mañá e continuaron a xornada reivindicativa cunha manifestación na que cortaron a N-642

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao mantén as protestas para reclamar unha solución que evite o despedimento de máis de 500 traballadores da fábrica de aluminio primario e á primeira hora da mañá deste martes volveron bloquear o acceso principal ao complexo industrial cunha barricada formada por pneumáticos aos que logo lles plantaron lume.

Posteriormente, os traballadores iniciaron un “roteiro turístico polo municipio de Cervo”, explicou e Efe con ironía o presidente do comité, José Antonio Zan. Os traballadores avanzaron desde a planta ata o cruzamento de Río Covo e cortaron a estrada N-642, para rematar daquela a protesta co regreso a San Cibrao.

O comité calcula que na protesta desta mañá participaron entre 1.500 e 2.000 persoas, todos traballadores do persoal de Alcoa e das empresas auxiliares que prestan servizo na fábrica, dado que os seus empregados tamén están afectados pola decisión da multinacional.

Zan asegurou que as protestas dos últimos días non foron “máis que un quecemento”, porque as accións previstas polos representantes dos traballadores irán subindo en intensidade se por parte da dirección de Alcoa e das administracións non se ofrece unha solución que evite o despedimento colectivo anunciado pola multinacional.

Desde o seu punto de vista, a resposta social a esta situación está “moi á altura dunha comarca como a da Mariña Lucense. Quen non está á altura é a clase política e, concretamente o Goberno de España, as ministras Maroto e Ribera”, lamentou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...