Cervo cancela Queimada, Maruxaina e as patronais, alomenos ata setembro, por mor do coronavirus

O Concello e as asociacións acordan suspender os eventos a celebrar durante os meses de xuño, xullo e agosto a causa da pandemia

Os sancibrenses levan a Maruxaina ao xuízo nunha edición da festa. TURISMO DE GALICIA

O Concello de Cervo e as asociacións do municipio mantiveron unha xuntanza este xoves na que decidiron que, dadas as circunstancias excepcionais a nivel sanitario que provoca a pandemia do coronavirus, non haberá festas populares durante a época estival.

Esta decisión afecta ás dúas Festas de Interese Turístico Galego do concello, A Maruxaina de San Cibrao e a Queimada Popular de Cervo, e tamén ás patronais que se celebran nas diferentes parroquias nos meses de xuño, xullo e agosto.

Reunión do Concello e as comisións de festas. AXM

Son as festas na honra de San Luís de Figuerido, de San Pedro na Senra, de Santa Isabel en Lieiro, do Carme de San Cibrao, de Santiago en Sargadelos e de Nosa Señora e de San Roque de Cervo.

Desde o Concello queren “poñer en valor o traballo altruísta que desenvolven os integrantes das diferentes comisións de festas para  levar adiante ano tras ano unhas celebracións que son un referente en toda a bisbarra e que de seguro que volveremos poder desfrutar todos xuntos máis pronto que tarde”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here