As obras de Martín Ledesma rematan a punto para o curso escolar

A Deputación de Lugo financiou a mellora da rúa que dá acceso á zona escolar de Viveiro, cun investimento de 97.000 euros

Obras para instalar un paso de peóns en Martín Ledesma, onde se produci o atropelo. AXM

O goberno local de Viveiro finalizou este martes, a tempo para o inicio do curso, as obras acometidas na rúa Martín Ledesma, que dá acceso á zona escolar e aos pavillóns.

O Concello investiu algo máis de 97.000 euros na mellora da capa de rodadura, no acondicionamento das isletas de tráfico, na dotación de dous novos pasos de peóns elevados, no saneamento de sumidoiros e no pintado de marcas viais.

A Deputación de Lugo financiou integramente as actuacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here