IniciosociedadeLlano chama a "ser unha piña" á veciñanza de Burela, que suma...

Llano chama a “ser unha piña” á veciñanza de Burela, que suma 137 dos 182 positivos

O Concello pide "calma" e "responsabilidade" para frear a cadea de contaxios; comercio e hostalería poderán abrir cos límites de aforo e horarios e a obriga do uso da máscara

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, fixo un chamamento á “responsabilidade” dos veciños do seu municipio, onde se concentran boa parte dos casos positivos de Covid-19 detectados no brote da Mariña, para “cortar canto antes a cadea de contaxios“. A Xunta de Galicia vén de endurecer as restriccións no municipio, que quedará confinado durante cinco días a partir da medianoite (00.00 horas).

Precisou que, a día de hoxe, Burela é o municipio máis afectado polo brote de coronavirus na Mariña, con 137 positivos dos 182 detectados na comarca, e “centos de persoas en corentena“.

Recordou que nos próximos cinco días os veciños de Burela non poderán entrar nin saír do municipio salvo xustificación, pero tamén aclarou que o “comercio e a hostalería poderán seguir abertos”.

Sempre, precisou, atendendo ao cumprimento dos horarios, dos aforos máximos permitidos e á obriga de levar sempre a máscara.

O rexedor fixo unha chamada “á tranquilidade da poboación”. Apelou á veciñanza burelá “ser unha piña” para cortar a cadea de contaxios.

O Concello informou da suspensión de case todos os actos promovidos pola administración local, ademais de pechar parques públicos, recintos deportivos, algunhas prazas do centro urbano e unha área recreativa, todo co obxectivo último de evitar reunións de máis de dez persoas e conseguir que se manteña esa distancia social que recomendan as autoridades sanitarias. Ademais, tamén se restrinxiu o acceso ás praias, onde non funcionan nin as duchas nin o lavado de pés.

“Non queremos dar unha soa oportunidade a que haxa infeccións”, remarcou Llano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...