InicioEconomíaSargadelos abrirá un museo e unha taberna o vindeiro sábado

Sargadelos abrirá un museo e unha taberna o vindeiro sábado

O grupo empresarial afirma que coa inauguración destes dous espazos poderase vivir unha "experiencia" con catro etapas, incluíndo as visitas á planta produtiva e á galería

Publicada o

- Advertisement -

O grupo empresarial Sargadelos anunciou a través dun comunicado de prensa que o vindeiro sábado, 18 de xullo, abrirá o museo e maila taberna proxectados. A súa inauguración supón que o visitante ao complexo fabril de cerámica poida vivir, segundo a firma, unha “Experiencia Sargadelos” con “catro etapas“; a visita ao conxunto museográfico, a visita á planta de produción, a entrada á galería de venda e exposición dos produtos e finalmente ao establecemento de hostalería.

SETE SALAS E ACCESO Á BIBLIOTECA DO SEMINARIO

O museo estará ubicado no edificio que con anterioridade albergaba o seminario, “adquirido aos antigos propietarios a finais do ano pasado”. Neste espazo, que pretende “mostrar a historia da cerámica e o papel da firma na cultura galega” a través de sete salas, nas que se recuperaron “os ambientes orixinais”.

“O visitante poderá facer un percorrido desde a orixe da actual porcelana ata as pezas máis vangardistas”, remarca o grupo empresarial, destacando “o papel crucial de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane” na “histórica e prestixiosa marca”. Tamén se pode visitar a biblioteca do seminario, con máis de 1.000 libros, ou o auditorio.

Con respecto á casa de Díaz Pardo, “a idea é seguir traballando para habilitala nun futuro inmediato”, indica Sargadelos.

A MARCA ABRIRÁ O AUDITORIO “A CALQUERA INICIATIVA”

“Ademais pretendemos revitalizar as instalacións para acoller unha variada e rica programación cultural que reforce o vínculo entre a fábrica de Sargadelos e a sociedade da Mariña, polo que o referido auditorio estará aberto a calquera iniciativa“, asegura a firma.

A segunda etapa sería a visita á planta de produción, unha iniciativa que a marca leva anos realizando. Os visitantes poderán coñecer como se fabrican os produtos no horario de traballo das obreiras, en percorridos duns 35 minutos de duración. “Trátase dun proceso moi laborioso, cuasi artesanal e de gran complexidade manufactureira que se mantivo vivo durante séculos e que constitúe un tesouro en si mesmo”, remarca Sargadelos.

RECUPERA O ANTIGO COMEDOR DAS OBREIRAS

A terceira etapa da “Experiencia Sargadelos” sería a visita á galería. Finalmente, “logo de máis de doce anos, a Táboa dos Irmandiños recupera a súa función de comedor“, dado que alí xantaron as traballadoras durante anos. Serviranse pratos de cociña galega servidos en vaixelas do grupo empresarial, e tamén “viño de barrica” en cuncas da firma. “Neste espazo da planta circular destacan os murais de Seoane, que crean un ambiente único e irrepetible. Coa “Experiencia Sargadelos” pretendemos espertar a parte máis emocional e sensitiva do visitante”, conclúe a nota.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...